
O vindeiro luns 4 de decembro ás 18:15 celebrarase na Illa de Arousa unha XORNADA DE PROMOCIÓN DE PROXECTOS FINANCIADOS POLO GALP 5 RÍA DE AROUSA e a PRESENTACIÓN DAS AXUDAS 2018. O acto terá lugar no Salón de PLenos do Concello e está aberto a toda a cidadanía previa confirmación no teléfono 986 510 953 ou nas direccións de correo electrónico gac5@accioncosteira.es ou alcaldia@apobra.gal
PROGRAMA DO ACTO:
18:15 - 18:30 Inscripción e recollida da documentación
18:30 - 18:45 Presentación do acto: Presidenta do Galp 5 Ría de Arousa, Alcalde do Concello da Illa de Arousa e Xerente do GALP Ría de Arousa.
18:45 - 19:45 Promoción de Proxectos da Convocatoria do 2017
- Asociación Mulleres do Mar de Arousa
- Lonxanatur
- Porto de Cambados S.L.
- Emprendemar
19:45 - 20:00 Programación Axudas 2018
19:30 Peche do Acto. Degustación Produtos do Mar de Arousa

