
O presente proxecto ten como finalidade a creación dun ecosistema inclusivo de vivendas unifamiliares con apoio destinado a facilitar a transición á vida independente de persoas con diversidade funcional no ámbito territorial do GALP, promovendo unha vida comunitaria plena, arraigada á cultura, ás tradicións e á identidade vinculadas á costa e ao mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
OX: Crear un ecosistema de vivendas para a transición á vida independente de persoas con diversidade, que as acheguen a unha vida comunitaria plena, arraigada a cultura e tradicións vinculadas ao mar, favorecendo a cohesión e o sentimento de pertenza
OE1. Renovar vivendas no ámbito do GALP, onde prestarán apoios para impulsar vidas independentes e promover a conexión coa comunidade e a súa cultura
OE2. Crear un servizo para reducir as vulnerabilidades das persoas con diversidade, derivadas da diversidade,o illamento indesexado e falta de rede de apoio, que garanta a permanencia nas súas raíces e mellor calidade de vida
OE3. Reforzar o tecido social, cultural e asociativo a través de actividades de sensibilización, concienciación e culturais ligadas ao mar, contribuíndo co desenvolvemento local e dinamización comunitaria
OE4. Xerar sinerxías con entidades vinculadas ao sector marítimo pesqueiro ofrecendo un espazo para o lecer
R1 Rehabilitación de 2 vivendas accesibles no ámbito do GALP, adaptadas a criterios de accesibilidade universal e eficiencia enerxética
R2 Atención directa a 6 persoas con diversidade, que iniciarán ou consolidarán procesos de vida independente con apoios personalizados
R3 Elaboración de 15 diagnósticos individualizados e comunitarios de necesidades de accesibilidade, apoio e vivenda, incluíndo persoas da contorna GALP non residentes
R4 Posta en marcha dun servizo estable de apoio comunitario, con seguimento periódico, que prestará apoio continuado a un mínimo de 6 persoas usuarias ao ano
R5 Realización de 6 actividades comunitarias anuais, cunha participación estimada de 100 persoas do territorio
R6 Cesión do espazo polivalente para 5 usos anuais, beneficiando a polo menos 5 entidades do ámbito marítimo-pesqueiro, cultural ou social
A1. Adecuación das vivendas destinadas ao proxecto, garantindo condicións óptimas de habitabilidade, seguridade e confort. As actuacións executaranse conforme aos principios de accesibilidade universal, deseño para todas as persoas e eficiencia enerxética.
A2. Levarase a cabo un diagnóstico individualizado e comunitario das necesidades de accesibilidade, apoio e vivenda das persoas con diversidade funcional vinculadas á área da EDLP do GALP.
A3. Organizaranse e xestionaranse servizos de apoio comunitario orientados a facilitar a vida autónoma das persoas residentes, incluíndo apoio na vida cotiá, acompañamento social e comunitario e asesoramento técnico e social.
A4. Deseñaranse e desenvolveranse programas de integración social e participación comunitaria mediante obradoiros, actividades culturais, formativas e de lecer, en coordinación con asociacións e entidades locais.
A5. Cederase un espazo formativo e polivalente para o uso de entidades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro, a cultura, o turismo e o desenvolvemento local, destinado á realización de accións formativas, xornadas e encontros..
A6. Desenvolveranse accións de sensibilización en colaboración con entidades locais para promover a importancia do coidado do litoral e do medio mariño, integrando unha perspectiva inclusiva, coa participación activa de persoas con diversidade funcional, tanto residentes no proxecto como da zona GALP.
2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Promover a diverificación do sector a través de novas actividades ou novos aproveitamentos de recursos, a través da economía circular ou outros sector
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

