Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA CONVOCATORIA 2026 DO GALP RÍA DE AROUSA

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada en Vilagarcía de Arousa o 6 de abril de 2026, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026

Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.

Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 20.1 da Orde de 12 de febreiro de 2025. De non existir alegacións e unha vez rematado o prazo, esta proposta elevarase a definitiva.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde de 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.


Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións provisionais:

Certificado da Xunta Directiva:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/certificado-xunta-directiva-4

 Táboa proposta inicial de resolución provisional de concesión de axudas _ 760: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-provisional-760-0

Táboa proposta inicial de resolución provisional de concesión de axudas _ 770

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-provisional-770-1

Táboa proposta inicial de resolución provisional de concesión de axudas _ 780: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-provisional-780-1

Táboa proposta inicial de resolución provisional de concesión de axudas _ Desestimados: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/proposta-provisional-desestimados-0

Baremacións expedientes 760: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/baremacions-760

Baremacións expedientes 770: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/baremacions-770

Baremacións expedientes 780:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/baremacions-780