
A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada en Vilagarcía de Arousa o 1 de xullo de 2026, acordou a proposta de resolución definitiva os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026”
Esta proposta de Resolución Definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde de 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Nas seguintes ligazóns poden consultarse os anexos ás propostas de resolucións definitivas:
CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA RESOLUCIÓN DEFINITIVA
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/certifi_proposta_definitiva_2...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 760
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_760_...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 770
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_770_...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 780
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_780_...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 760 – LISTA DE AGARDA
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_760_...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 770 – LISTA DE AGARDA
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_770_...
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 780 – LISTA DE AGARDA
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_780_...
ANEXO II PROPOSTA DEFINITIVA PROXECTOS DESESTIMADOS
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_2026_dese...

