martes, 19 de Decembro de 2017 - 12:12

Hoxe foron as alumnas e alumnos do CEIP Castelao de Rianxo os que aprenderon e traballaron a prol da conservación das nosas rías. En total 60 rapazas e rapaces percorreron a zona da praia da Torre nunha xornada de sensibilización na que se atoparon con moitas sorpresas. O tipo de residuo que máis apareceu foron plásticos que residuos de punto limpo. Desde a porta dun coche ata colchóns, zapattillas, balóns, caixas do peixe, boias, fluorescentes, medicamentos, xeringuillas, pilas... Isto evidencia a necesidade destas xornadas coas que se intenta concienciar á sociedade do futuro da importancia de facer un consumo e unha xestión responsable do noso impacto ambiental.

