Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Desarrollo comercial venta productos pesca costeira artesanal

Mariscos Troia, SLL é unha entidade que ten por obxecto a explotación de todo tipo de buques pesqueiros: pesca marítima extractiva, marisqueo e acuicultura. Comercializan directamente produtos do mar que extraen os seus socios, como a navalla, longueirón, nécora e camarón. Con este proxecto abren unha nova ruta de ventas no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte, para o que precisan un furgón eléctrico e un remolque náutico para poder comercializar os seus produtos neste territorio, a través da venta directa, contribuíndo a reducir a pegada de carbono, a mellora da eficiencia enerxética e o efecto do cambio climático. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Mariscos Troia, SLL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada pesqueira
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
19/06/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.046,25
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
46.836,25
Total axuda pública aprobada (€): 
46.836,25
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
32.785,38
FEMP (%): 
70
CA (€): 
14.050,88
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Nova ruta de ventas coa comercialización dos produtos no ámbito de actuación do GALP Golfo Ártabro Norte, realizando venta directa tanto a particulares como a restaurantes e peixerías

Mellora da comercialización dos produtos da pesca e marisqueo mediante a venda directa ao público en xeral.    

Axudar a potenciar o consumo local e de proximidade dos produtos pesqueiros no ámbito territorial

Introducir melloras que posibiliten novos xeitos de vender os produtos e atender as esixencias dos consumidores acordes á calidade demandada.

Consolidación dos postos de traballo.

Reducir a pegada de carbono e mellorar a eficiente enerxética, buscando minorar o efecto do cambio climático.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mellora da visión social do produto do mar baixo criterios de sustentabilidade, proximidade e calidade do produto do mar: Ao comezar coa venta directa dos produtos do mar capturados por eles mesmos e transportados nas mellores condicións, dará unha visión de frescura e calidade dos produtos de km0.

Incremento, consolidación e mantemento de emprego no sector da pesca, a través da ampliación das actividades a realizar pola sociedade promotora.

Estimular o consumo de produtos de pesca de proximidade no ámbito territorial.

Contribuír á xestión eficaz e sostible dos recursos pesqueiros da zona, ao utilizar técnicas de pesca artesanais con pouco impacto no medio ambiente e a realizar o transporte dos produtos nun furgón eléctrico con 0 emisións.

Consolidar a imaxe do produto como produto de excelencia.

Contribuir á innovación tecnolóxica ao utilizar un vehículo eléctrico isotermo con etiqueta azul de 0 emisións, ademáis axudará a implantación de enerxías limpas, no ámbito do transporte.

Principais actividades do proxecto: 

- Furgón eléctrico isortemo e remolque náutico para comercialización dos produtos do mar da ría de Ferrol. Venta directa.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)