Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

SÉNTATE NO CAMBIO!

O proxecto “Séntate no cambio!”, promovido pola Asociación Misela, é unha iniciativa de participación comunitaria que combina inclusión social, protección ambiental e economía circular, implicando activamente ás persoas usuarias do Centro Ocupacional e á cidadanía.

A actuación contempla a realización de limpezas de praias nos concellos de Muros, Outes, Porto do Son e Noia, coa posterior transformación dos plásticos recollidos en bancos de deseño exclusivo que se instalarán nos espazos onde se desenvolvan as actuacións. Tamén se contempla a plantación de árbores en espazos públicos e actividades de sensibilización sobre o impacto dos plásticos, a reforestación e a economía circular.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Misela ( asoc. pers.disc.comar.Noia-Muros)
Datos de interese: 
https://misela.es/
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro do 2025
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/07/2027
Ámbito de aplicación: 

Muros, Outes, Noia e Porto do Son

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.662,95
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.662,95
Total axuda pública aprobada (€): 
37.496,66€
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
26.247,66 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
11.249,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
si
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto busca combinar inclusión social e sustentabilidade ambiental, ofrecendo ás persoas con discapacidade un espazo de participación activa e recoñecida dentro da comunidade.

  • Promover a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade do Centro Ocupacional Misela, visibilizando o seu papel activo na sociedade.

  • Reducir a contaminación nas praias das comarcas de Noia e Muros mediante accións de limpeza e sensibilización ambiental.

  • Transformar residuos plásticos en recursos útiles, elaborando bancos de deseño exclusivo con trazabilidade completa (da limpeza á fabricación).

  • Fomentar a educación ambiental e a economía circular, implicando centros educativos e cidadanía en actividades de reforestación e concienciación.

  • Reforzar a cooperación institucional, coa colaboración dos concellos na selección de localizacións, permisos e difusión das accións.

  • Difundir valores de sustentabilidade e compromiso social, a través dunha campaña profesional de comunicación e marketing que garanta a visibilidade do proxecto.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Visibilizar as capacidades das persoas con discapacidade, favorecer a súa participación activa na comunidade e promover valores de sustentabilidade, cooperación, inclusión e compromiso ambiental, xerando un impacto positivo no territorio

Principais actividades do proxecto: 
  • Limpeza de praias

  • Transformación do plástico en bancos

  • Plantación de árbores e sensibilización

  • Promoción e difusión

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 5: Gobernanza

Obxectivo específico da EDLP: 

5.2. Avance na igualdade de xénero e inclusión social.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)