
INNOVA MEXILLA é un proxecto experimental promovido por Acuicultura del Atlántico, S.A., orientado ao deseño e posta en marcha dun sistema de produción de mexilla en suspensión mediante long lines no polígono Noia A ( gal 1301). O proxecto pretende adaptar e validar esta tecnoloxía ás condicións específicas da ría de Muros-Noia, creando unha unidade especializada para a captación e produción de semente de mexillón, destinada tanto ao autoabastecemento das bateas do promotor como á prestación de servizo a terceiros mediante a comercialización de excedentes. A iniciativa busca reducir a dependencia da captación de mexilla nos bancos naturais, favorecendo unha xestión máis sostible dos recursos e reducindo posibles conflitos con outros sectores marisqueiros. Así mesmo, permitirá avaliar a viabilidade técnica e económica do sistema e a súa posible aplicación futura por outros operadores do sector.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Instalar e manter operativa unha infraestrutura de 10 long lines dobres nas cuadrículas 1 e 13 do polígono Noia A, adaptada ás condicións oceanográficas locais.
2. Obter unha produción anual estable de mexilla que permita o autoabastecemento de ata 9 bateas do promotor e a venda de excedentes, demostrando a viabilidade económica e escalabilidade do modelo.
3. Reducir de forma medible a dependencia da mexilla de bancos naturais intermareais, aliviando a presión sobre zonas rochosas e mellorando a convivencia con mariscadores a pé e percebeiros.
4. Reforzar a resiliencia da economía do mexillón fronte á variabilidade climática e ás restricións sobre mexilla salvaxe, mediante criadeiros artificiais de baixa pegada de carbono.
5. Actuar como proxecto piloto de interese colectivo na EDLP Costa Sostible, xerando coñecemento e boas prácticas transferibles a confrarías, bateeiros e iniciativas de pesca costeira artesanal interesadas na produción de semente.
Implantación e validación dun sistema de long lines para a captación de mexilla, como alternativa tecnolóxica de escasa utilización en Galicia. Reducir a presión sobre os bancos naturais intermareais, contribuíndo á conservación dos hábitats rochosos, e dispoñer dunha fonte estable de semente propia para o abastecemento anual de ata 9 bateas. Mellora da rendibilidade da actividade mitilicultora, mediante o aforro nas compras externas de mexilla e a optimización dos custos de produción e contribuirase á redución da pegada de carbono, ao concentrar as operacións en zonas xa destinadas á actividade acuícola e optimizar os desprazamentos. Finalmente, espérase reforzar a sostibilidade económica e social do sector, favorecendo a estabilidade da actividade e do emprego e reducindo posibles conflitos polo acceso á mexilla procedente dos bancos naturais.
As actividades do proxecto estrutúranse en tres fases principais: implantación, seguimento e explotación/comercialización. Na fase de implantación realizarase a preparación e montaxe das liñas, o fondeo das estruturas, a colocación das liñas dobres e dos sistemas de flotación, así como a instalación das cordas colectoras para a captación de mexilla. Na fase de seguimento levarase a cabo o control técnico, ambiental e económico da experiencia, mediante o seguimento periódico da captación, crecemento e densidade da mexilla, xunto coa avaliación dos custos e da viabilidade do sistema. Finalmente, na fase de explotación e comercialización procederase á recollida e traslado da mexilla para o autoabastecemento das bateas do promotor e, no caso de existir excedentes e contar coas autorizacións correspondentes, á súa posta á disposición doutras bateas da ría. O proxecto incluirá tamén as actuacións de comunicación, publicidade e difusión dos resultados previstas no marco do FEMPA.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca
1.1.Aproveitamento sostible dos recursos mariños a través de iniciativas de innovación e da economía circular
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

