Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Caracterización e modelado das macroalgas sobre os bancos marisqueiros con vistas ao seu aproveitamento

 

A proposta diríxise a proporcionar a asistencia técnica necesaria á Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo para planificar e desenvolver as actividades necesarias para cumplir o obxectivo de “avanzar na xestión integral sostible dos arribazóns de macroalgas que afectan aos bancos marisqueiros”.

O proxecto pretende facer un seguimento da presencia de macroalgas en dous bancos marisqueiros da Ría de Arousa, un sublitoral en Rianxo e outro intermareal en Vilanova. Caracterizaranse e cuantificaranse as algas presentes ao longo do periodo de estudo, ao tempo que se recolle información sobre parámetros fisicoquímicos.

Os datos permitirán propor un modelo explicativo e da presencia de algas en relación aos parámetros estudados; ao tempo que se abrirán posibilidades de aproveitamento das mesmas.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de pescadores de Rianxo e confraría de pescadores de Vilanova
Datos de interese: 
Outros proxectos anteriores: 1.- Rexeneración do banco marisqueiro comprendido entre Punta Corna e punta Fincheira (Rianxo). 2.- Proxecto para a protección, xestión e conservación dos recursos mariños nas autorizacións.
Perfil empresarial: 
Entidades do sector
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Comarca da Arousa

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
79.617,20€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
65.799,34€
Total axuda pública aprobada (€): 
65.799,34€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
55.397,94€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
10.401,40€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
10
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral deste proxecto é o de avanzar na xestión integral sostible dos arribazóns de macroalgas que afectan aos bancos marisqueiros.

Os obxectivos específicos son:

  1. A caracterización cuantitativa e cualitativa espazo-temporal dos arribazóns de macroalgas nos bancos marisqueiros explotados a pé e a flote.
  2. Desenvolvemento dun modelo matemático predictivo baseado en variables ambieitais e biolóxicas dos propios arribazóns que permita estimar cuantitativa e cualitativamente a evolución dos mesmos nos bancos marisqueiros.
  3. Elaboración de propostas de xestión ambiental e económicamente sostibles destes arribazóns.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa conxecución deste obxectivo a previsión é a de avanzar sustancialmente no coñecemento cuantitativo e cualitativo dos arribazóns de macroalgas que afectan aos bancos marisqueiros explotados tanto a pe como a flote, a relación dos mesmos coas condicións ambientais e as estratexias de xestión ambiental e económicamente sostibles aplicables aos mesmos. Este coñecemento permitirá avanzar tamén nunha futura revalorización destes recursos. A metodoloxía de traballo desenvolta neste proxecto e o modelo de xestión proposto no ámbito de actuación do proxecto poderá ser adaptado e exportado a outras zonas produtivas.

Permitirá coñecer tanto a cantidade como a calidade dos arribazóns, variables básicas tanto para o desenvolvemento das estratexias de revalorización deste recurso como para o desenvolvemento do traballo de modelización do obxectivo 2.

Permitirá desenvolver ferramentas que implementandoas con algunhas variables ambientais permitirá prever tanto cuantitativa como cualitativamente o fenómeno dos arribazóns nas distintas épocas e localizacións. Esta información é básica para o desenvolvemento dun adecuado modelo de xestión.

A elaboración de todos os resultados do proxecto permitirán desenvolver unha “guía de boas prácticas” de xestión sostible dos arribazóns que poderá ser difundida e posta en execución tanto nas zonas de estudo como noutras zonas no futuro.

Principais actividades do proxecto: 

As rías presentan condicións favorables para a producción primaria, o que facilita que unha boa parte do ano se produzan acumulacións de macroalgas de arribazón sobre o leito dos bancos marisqueiros. Estas acumulacións soen ir asociadas a condicións de anoxia (disminución do oxíseno disponible para os bivalvos) e, entre outros efectos, á reducción do substrato; o que aconsella a súa retirada.

A día de hoxe a retirada de macroalgas só está parcialmente mecanizada e require moita man de obra para a súa execución. As limpezas de algas son, polo tanto, unha actividade de semicultivo que supón un gasto económico importante e un esforzó físico importante e continuado por parte dos mariscadores. Ademais, unha vez retiradas do banco marisqueiro, convírtense nun residuo de difícil xestión e que resulta molesto para outros usuarios do entorno costeiro.

O proxecto que se presenta pretende facer un seguimento da presenza de macroalgas en dous bancos marisqueiros da Ría de Arousa, un sublitoral en Rianxo e outro intermareal en Vilanova. Caracterízanse e cuantifícanse as algas presentes ao longo do periodo de estudo, ao tempo que se recolle información sobre parámetros fisicoquímicos.

Os datos recollidos permitirán propor un modelo explicativo da presenza de algas en relación cos parámetros estudados; ao tempo que se abrirán posibilidades de aproveitamento das mesmas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2.1. Conseguir novas utilidades dos recursos e os residuos pesqueiros.

6.1. Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fora do territorio do GALP para reforzar a sinerxia e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1.1. Proxectos e investigación sobre novas utilidades dos recursos e o aproveitamento sostible dos recursos derivados da producción e transformación de diferentes especies.

6.1.1. Proxectos de cooperación entre entidades, sectores e territorios , para afianzar o desenvolvemento da zona pesqueira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)