
Proxecto de acondicionamento dun edificio que busca incrementar o valor do sector, xerar emprego e fortalecer a súa integración na cultura local. Así mesmo, contribúe ao Obxectivo Específico 1.3, que pretende reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro e marisqueiro, aliñándose coa Actuación 1.3.2, enfocada na modernización de infraestruturas e equipamentos que favorezan a eficiencia enerxética e a cohesión social.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O.Xeral:
Mellorar as infraestruturas do local histórico da Cofradía de Pescadores de Rianxo, garantindo eficiencia enerxética e acondicionamento para formación, innovación e participación social, ao tempo que se conserva e pon en valor o patrimonio histórico da entidade.
O.Específicos:
-Mellorar a eficiencia enerxética do edificio co illamento térmico, renovación de ventás, iluminación LED e reparación do tellado e canalóns.
-Adecuar o espazo multifuncional, creando unha aula polivalente para formación e participación do sector pesqueiro e marisqueiro.
-Mellorar a accesibilidade e seguridade mediante a rehabilitación das escaleiras exteriores e do baño, e a instalación de sinalización inclusiva.
-Poñer en valor o patrimonio histórico da Cofradía, creando un espazo expositivo permanente con documentos históricos e a historia do edificio.
• Aumento da eficiencia enerxética do local, reducindo o consumo enerxético e mellorando o confort térmico.
• Revalorización do patrimonio histórico da Confraría a través da creación dun espazo expositivo permanente.
• Mellora da accesibilidade no edificio, favorecendo a inclusión de persoas con diversidade funcional.
• Incremento do dinamismo da confraría na xestión dos recursos e mellora das súas capacidades organizativas.
• Fomento da participación da comunidade pesqueira en actividades formativas e divulgativas.
• Impulso da cohesión social e da participación comunitaria no sector pesqueiro.
Para a execución do proxecto, establécese unha planificación estruturada en catro fases:
Fase 1: Mellora da eficiencia enerxética e modernización das infraestruturas
Fase 2: Mellora da accesibilidade, habitabilidade e valorización do patrimonio:
Fase 3: Dinamización do edificio e impulso social
Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueo e da acuicultura como sector estratéxico da economía da Ría de Arousa
Accións de modernización das infraestructuras e equipamentos que melloren a eficiencia enerxética no sector
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

