Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

A información contida nesta páxina corresponde co período de programación do FEMP 2014-2020.

Pode acceder a información sobre a EDLP aprobada ao GALP no período FEMPA 2021-2027 no seguinte enderezo web https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqu...

Misión, visión e valores da EDLP aprobada no marco do FEMP 2014-2020

Misión: a misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

O GALP Ría de Arousa pretende mellorar as condicións de vida das persoas do seu territorio, revitalizando ao sector pesqueiro, preservando o equilibrio medioambiental da zona e poñendo en valor o seu patrimonio cultural e natural.

Visión: a visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O GALP Ría de Arousa quere ser un referente na dinamización do sector pesqueiro e do territorio á hora de promover iniciativas de desenvolvemento sostible deste, garantindo tamén a gobernanza e a participación activa de entidades.

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten como base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

O GALP asume como propios os seguintes valores:

  • A importancia de manter un sector pesqueiro forte e cohesionado no territorio, no que se reforce a súa gobernanza e se aposte por un uso sostible dos recursos pesqueiros e o medio mariño, que permita poder “vivir do mar”.
  • A singularidade e a calidade dos produtos vinculados á zona marítima da Ría de Arousa e a necesidade de procesos de innovación que contribúan a mellorar o seu aproveitamento.
  • A cooperación entre as actividades pesqueiras e turísticas, como unha vía de diversificación da economía local, na que se reforce a aposta polos produtos da zona, cun fortalecemento da rendibilidade para ambos.
  • A xeración de emprego, como principal preocupación, con atención especial ao sector pesqueiro, ás mulleres e á mocidade.
  • O principio de desenvolvemento sostible no uso dos recursos naturais presentes no territorio, co obxectivo de conservar a súa riqueza para as futuras xeracións.
  • O reforzo da identidade social da zona costeira, a través da conservación e valorización da riqueza patrimonial.
  • A cooperación e participación como ferramentas que reforcen a cohesión social do territorio.
  • A “accesibilidade” e a “integración social” de todas as persoas, co impulso dun amplo marco para a súa efectividade.

TEXTO COMPLETO EDLP:  https://galp.xunta.gal/sites/default/files/galp5_arousa_edlp_fempa_20221...

PLAN DE ACCIÓN PERÍODO FEMPA: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/galp5_arousa_edlp_fempa_20221...

PLAN FINANCEIRO PERIODO FEMPA: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/galp5_arousa_planfinanciero.pdf