Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA XUNTA DIRECTIVA PARA PROXECTOS DA CONVOCATORIA 2024

  

Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos da Convocatoria 2024

 

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, acordou,  en reunión celebrada o 26 de abril de 2024 na sede do GALP en Vilagarcía de Arousa, a proposta de resolución definitiva dos proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024”

 

Esta proposta de Resolución Definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.

 

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

 

Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións definitivas:

 

CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA RESOLUCIÓN DEFINITIVA

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/certifi_proposta_definitiva_2...

 

ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 770 

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/770_listaxe_definitiva_public...

 

ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 780

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/780_listaxe_definitiva_public...

 

ANEXO II PROPOSTA DEFINITIVA PROXECTOS DESESTIMADOS

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/listaxe_definitiva_desestimad...