
A Confraría de Rianxo propón un proxecto centrado na modernización e mellora da súa loxística de transporte, estruturado en dúas liñas de actuación fundamentais. En primeiro lugar, prevese a adquisición dunha furgoneta isoterma eléctrica, que optimizará o traslado dos produtos, garantindo a súa frescura e reducindo o impacto ambiental. En segundo lugar, levarase a cabo unha campaña de promoción, sensibilización e divulgación, destinada a poñer en valor os produtos locais e fomentar a comercialización de proximidade
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar a comercialización, a valorización e a sustentabilidade dos produtos pesqueiros da Confraría de Rianxo, optimizando a loxística e promovendo a participación do sector na transición enerxética e no fortalecemento do seu papel como actividade sostible e estratéxica para a economía local.
Obxectivos específicos:
• Mellorar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais e garantir a súa conservación mediante a furgoneta isoterma eléctrica, aumentando a súa valorización.
• Reducir o impacto ambiental da distribución utilizando un vehículo eléctrico e minimizando as emisións de CO₂.
• Fomentar a participación das mulleres e mocidade no sector pesqueiro, visibilizando a pesca artesanal como actividade profesional e sostible.
• Reforzar o posicionamento do sector pesqueiro como estratéxico para a economía local, mellorando a súa imaxe social
- Mellora na loxística e comercialización: A furgoneta isotermo optimizará a conservación, distribución e venda directa dos produtos.
- Redución da pegada de carbono e maior sustentabilidade: O uso dun vehículo eléctrico eliminará as emisións de CO₂ e promoverá prácticas sostibles.
- Incremento da visibilidade e competitividade: As campañas promocionais mellorarán a imaxe da Confraría, atraendo novos clientes e reforzando a súa posición no mercado.
- Fomento da participación das mulleres e mocidade: A visibilidade da pesca sostible atraerá á mocidade e promoverá a participación das mulleres no sector.
- Reforzo da profesionalización e rendibilidade: A mellora na loxística e prácticas pesqueiras aumentará a competitividade e a rendibilidade do sector.
- Valorización social da pesca artesanal e adaptación ao cambio climático: O proxecto destacará a pesca sostible e contribuirá á adaptación e mitigación do cambio climático.
Para a execución do proxecto, a Confraría de Pescadores de Rianxo desenvolverá as seguintes accións, co obxectivo de aumentar o valor dos produtos, reforzar a súa posición como sector estratéxico local e contribuir á adaptación e mitigación do cambio climático, en liña cos obxectivos da EDLP:
Liña 1: Mellora da loxística coa incorporación dun furgón isotermo
Liña 2: Campaña de sensibilización, promoción e divulgación
Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueiro e da acuicultura como sector estratéxico da economia da Ria de Arousa
Accións que incidan na profesionalización do sector e o convertan nunha oportunidade laboral atractiva para a mocidade
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

