Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA PROVISIONAL DE AXUDAS DA XUNTA DIRECTIVA

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada en Vilagarcía de Arousa o 9 de abril de 2024, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024

 

Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.

Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 20.1 da Orde de 28 de decembro de 2023. De non existir alegacións e unha vez rematado o prazo, esta proposta elevarase a definitiva.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Na seguinte ligazón poden consultarse as resolucións provisionais

 

  • Certificado da Xunta Directiva:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/certifi_proposta_provisional_...

  • Proposta provisional 770:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_provisional_770_sign...

  • Proposta provisional 780:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_provisional_780_sign...

  • Proposta provisional desestimación:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_provisional_desestim...

  • Baremos:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/baremos_770.pdf

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/baremos_780.pdf