Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

TURISMO COMO EXALTACIÓN DA BELEZA DA RÍA DE AROUSA (O LECER)

O proxecto pretende a promoción do turismo vinculado co sector pesqueiro e da acuicultura. Non cabe dúbida que a localización do proxecto atópase nunha zona privilexiada, próxima á praia de Carragueiros.

O proxecto consiste na construción de 3 bungalows que se destinarán á promoción do turismo vinculado co sector do mar. As instalacións terán vistas privilexiadas á Illa de Arousa, Illa de Sálvora, Illa Guidoiro Pedregoso,... Os bungalows abicaranse de xeito que se ofreza unha vista panorámica da ría de Arousa para que os usuarios poidan apreciar os seus atractivos.

 

Os bungalows incorporarán placas solares de 10 kw para o fomento da economía azul e protección do medio ambiente.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
NATUREZA NA FONTE DO MOURO, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
19/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

BOIRO

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
232.928,93€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
192.503,25€
Total axuda pública aprobada (€): 
96.251,63€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
67.376,13€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
28.875,49€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os obxectivos que se pretenden co proxecto son os seguintes:

1.- Éxito no exercicio da actividade económica: A solicitante da axuda e unha microempresa que se dedica ao exercicio dunha actividade económica. Por iso, unha das cousas que se busca é a rendibilidade empresarial a través dun turismo relacionado co sector do mar.

2.- Dar publicidade da zona a turistas nacionais e estranxeiros, ofrecéndolle non só un entorno natural e tranquilo, senón tamén a realización de actividades pola ría e a degustación e compra de produtos da pesca e acuicultura.

3.- Creación de emprego: Tamén se busca a creación dun posto de traballo, para o cal e preciso que a actividade económica sexa rendible.

4.- Fomento da economía azul: Os bungalows dotaranse de placas solares co obxectivo de contribuír á eficiencia enerxética e que teñan o menor impacto posible no medio ambiente

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co proxecto, pretendese a consecución dos seguintes resultados:

1.- Ofrecer un servizo de turismo diferente do que hai no mercado, vinculado co sector do mar. Na zona Arousa norte o sector "hoteleiro" é escaso.

2.- Creación de emprego a través da rendibilidade da actividade económica que o permita.

3.- Promoción do turismo na zona e contribución ao desenvolvemento local.

4.- Dar maior visibilidade á ría de Arousa a través de fotografías dos aloxamentos e do seu entorno na páxina web propia e nas plataformas que se utilicen para as vendas.

5.- Promocionar a cultura alimentaria do territorio e a venda de produtos da pesca e acuicultura, ofertando degustacións gratuítas e concertando acordos con depuradoras para a venda dos produtos e facendo publicidade do mercado de abastos local.

6.- Incremento da vinculación do turismo coas actividades do sector pesqueiro e a promoción e valorización dos recursos e produtos do mar.

Principais actividades do proxecto: 

Construción de 3 bungalows dotados de temática mariñeira e situados estratexicamente para ter vistas a ría de Arousa. Instalación de placas solares para a promoción da economía azul e menor impacto posible no medio ambiente.

Por outra banda, realizaranse actividades para a promoción do sector do mar e dos produtos da pesca e acuicultura da zona:

1.- Actividades náutico-deportivas pola ría de Arousa mediante equipos de padelsurf, piragüas e snorkel que proporcionará a empresa.

2.- Degustacións semanais gratuítas de produtos da acuicultura nunha zona do complexo habilitada para iso para todos os que se aloxen.

3.- Acordos con depuradoras da zona para a promoción da venda dos produtos do marisqueo de tempada.

4.- Saídas gratuítas pola ría (zona de Carraña e Carragueiros) para os turistas que se aloxen no complexo, explicando as zonas das bateas e marisqueiras.

5.- Acordos con outras empresas para ofrecer saídas as illas atlánticas en rutas programadas.

6.- Promoción do mercado de abastos local mediante publicidade gratuíta.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas. 

Obxectivo específico da EDLP: 

PROMOVER A DIVERSIFICACIÓN DO SECTOR A TRAVÉS DE OUTROS SECTORES

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)