Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

INNOVANDO NO SECTOR DO MAR

O proxecto consiste na construción dunha entreplanta no interior dunha nave industrial para dotar á Ironor Metalurgia SL dun taller eléctrico e de automatización propio, con todo o equipamento necesario. Na actualidade, a empresa ten que contratar a outras empresas para o montaxe dos cadros eléctricos da maquinaria para o mar que produce. Co presente proxecto, dotaríase a empresa dun espazo (taller) e do equipamento necesario para a realización de ditos traballos (bancos de traballo con ferramentas eléctricas, equipos de medición eléctricos, estantes e outros aparatos necesarios para a produción). 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
IRONOR METALURGIA SL
Datos de interese: 
https://ironor.es/
Perfil empresarial: 
ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
19/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Boiro - A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
123.417,76€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
101.998,56€
Total axuda pública aprobada (€): 
50.999,28€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.699,50€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
15.299,78€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os obxectivos que persigue o proxecto son os seguintes:

1) Dotar a Ironor Metalurgia SL dun espazo para a realización de actividades de instalación eléctrica e automatización para a maquinaria que produce para o sector do mar.

2) Desenvolver solucións innovadoras que melloren a eficiencia e calidade das máquinas utilizadas no sector do mar.

3) Contribuír á adaptación do sector á realidade innovadora e tecnolóxica actual.

4) Fomentar a economía azul: Contribuír á sostibilidade do sector, desenvolvendo maquinaria innovadora, eficiente e mais respectuosa co medio ambiente, garantindo a protección dos recursos mariños.

5) Apostar por un modelo enerxético máis eficiente e menos contaminante nas actividades marítimo pesqueiras.

6) A creación de emprego.

7) Incremento da dixitalización do sector que favoreza o seu dinamismo e competitividade.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados que Ironor Metalurgia SL pretende conseguir co proxecto son, entre outros, os seguintes:

1) Ter un espazo propio dedicado a taller na nave industrial no que se desenvolvan e instalen os cadros eléctricos da maquinaria e se realicen actividades de automatización, co cal se evitaría a contratación axea de ditos traballos e se reducirían custos.

2) Desenvolver actividades de innovación as cales sirvan para deseñar maquinaria máis eficiente para o sector do mar.

3) Conseguir un modelo enerxético máis eficiente e menos contaminante nas actividades marítimo pesqueiras, comezando polo sector bateeiro e a substitución dos sistemas hidráulicos por sistemas eléctricos das embarcacións.

4) Incrementar a dixitalización do sector e favorecer o seu dinamismo e competitividade.

5) Xerar emprego e contribuír ao desenvolvemento local.

Principais actividades do proxecto: 

A posta en marcha deste proxecto implicará a realización das seguintes actuacións:

1) Construción dunha entreplanta nunha nave industrial.

2) Acondicionamento do espazo para o seu destino como taller eléctrico e de automatización.

3) Dotar ao taller do equipamento necesario para a actividade empresarial da solicitante.

Unha vez que o taller eléctrico e de automatización estea acondicionado e dotado co equipamento necesario, as actividades a desenvolver serían as seguintes:

1) Construción de maquinaria para o sector do mar coa instalación do cadro eléctrico correspondente.

2) Actividades de innovación para ofertar melloras ao sector do mar, de xeito que se desenvolvería maquinaria máis innovadora e eficiente (como os sistemas eléctricos para os barcos bateeiros e a maquinaria con intelixencia artificial).

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio 

Obxectivo específico da EDLP: 

INCREMENTAR A SOSTIBILIDADE E AUTONOMÍA DO SECTOR NA EXPOTACIÓN DOS RECURSOS DA PESCA, O MARISQUEO E A ACUICULTURA

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)