No marco do proxecto vanse a desenvolver as seguintes actividades:
1. Adquisición de unha embarcación adaptada que permita realizar de maneira cómoda e segura as actividades de mergullo ás persoas vulnerables (discapacitados físicos, sensoriais ou psíquicos). Como novidade e dentro do obxetivo de empresa, a embarcación levará incorporada un sistema de paneis fotovoltaicos flexibles e un regulador solar, o cal supón unha innovación da construcción e posta en funcionamenfo deste tipo de embarcacións, asi como redundará nunha mellora do medio ambiente e do desenvolvemento sustentable. A embarcación contará cunha grúa, para que se poida axudar a subir e baixar dela á persoas con discapacidade motriz.
2. Adquisición de equipo informático: a formación dixitalizada, mediante un sistema formatívo integrado con tablets, permitirán o completo seguimento das clases, tanto por parte do alumnado habitual como por parte das persoas vulnerables (discapacitados físicos, sensoriais ou psíquicos).
3. Organización de charlas ambientais: no marco do proxecto quérense realizar charlas informativas a través das cales concienciar a poboación sobre a importancia da conservación do Mar.
4. Establecer convenios de colaboración con distintas entidades: co fin de ofrecer as actividades de concienciación e cuidado do medio ambiente para alumnado do C.E.I.P de Portonovo. Co fin de acercar o mergullo a poboación vulnerable, se establecerán convenios de colaboración con distintas asociacións para promover ditas actividades.
Ademais quérese ampliar os convenios que Portosub ten cos hoteis e axencias de viaxes da zona para dar unha maior visibílidade e publicidade ás actividades que desenvolve.
5. Rutas en barco para visitar as bateas con explicación do seu funcionamento, orientado especialmente a persoas con discapacidade.
6. Rutas de avistamento de aves.
7. Ruta Illa de Tambo, Combarro e Bateas.
8. Saídas de pesca para particulares e familias (con caña).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é fomentar a participación de persoas con diversidade funcional en actividades acuáticas na ría de Pontevedra así como promover a protección e conservación dos recursos pesqueiros e naturais da ría de Pontevedra entre a poboación en xeral.
Incremento da facturación da empresa.
Promoción da formación en buceo.
Creación de Emprego.
Posta en valor do patrimonio litoral da Ría de Pontevedra.
Concienciación medio ambiental.
Aforro enerxético.
A empresa pretende ofertar:
Bautismo de buceo con posibilidade de ofrecelo tamén a persoas con discapacidade.
Rutas en barco para visitar as bateas con explicación do seu funcionamento, orientado especialmente a persoas con discapacidade. Rutas de avistamento de aves.
Ruta Illa de Tambo, Combarro e Bateas.
Saídas de pesca para particulares e familias (con cana).
O proxecto contribúe ao obxectivo estratéxico de impulsar e aproveitar o patrimonio natural da zona Pesqueira e, en concreto, á mellora da capacidade das comunidades costeiras para a adopción de prácticas de conservación, protección e mitigación de impactos sobre o patrimonio natural e para a súa posta en valor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)