Compra dun ordenador portátil con capacidade de edición de vídeo e audiovisuais para continuar coa labor de difusión da realidade da Ría de Pontevedra.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
Concienciación ambiental:
- Posta en valor do patrimonio natural.
- Localización de especies.
O obxectivo principal deste proxecto é a compra dun ordenador portátil con capacidade de edición de vídeo e audiovisuais para continuar coa nosa laboura de difusión da realidade da Ría de Pontevedra. Nestes tempos de incerteza sanitaria, cada vez faise máis necesario ter datos, información, imaxes de forma online e gratuíta en apoio da formación, estudo e difusión da nosa biodiversidade. Ir incrementado as ferramentas para a educación ambiental e cultural sobre a biodiversidade da nosa Ría dunha forma visual, amena e colaborativa, mediante o uso das novas tecnoloxías. Queremos ensinar a súa contorna máis próxima, espertar a súa curiosidade cunhas imaxes de alta resolución e atractivas nas cores. Con este novo proxecto pretendemos incrementar a base documental de Rías de Vida con 12 novos vídeos temáticos e con fins educativos sobre as especies da nosa Ría, así como a presentación pública en prensa e conferencia sobre os traballos realizados. A duración media destes vídeos será dun par de minutos, de forma que se poida manter a atención nas clases e propiciar debates e preguntas. Todos os nosos vídeos manteranse na web, en redes sociais e a canle de Youtube " RIAS DE VIDA GALICIA" de forma ilimitada no tempo e de descarga libre e gratuíta con fins non comerciais.
Promoción da biodiversidade da Ría de Pontevedra a nivel global como unha das principais zonas de estudo e riqueza ambiental de Europa. De interese para o turismo científico, cultural e deportivo, así como para difusión das especies de aproveitamento pesqueiro e marisqueiro.
Aprovechamiento del patrimonio medioambiental.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)