Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Entrevista a Mares de Galicia

 

Mares de Galicia, S.A é unha empresa familiar cunha larga tradición e experiencia no sector pesqueiro e marisqueiro. Os país de Josefina Montes de la Fuente ‘Sefi’ adicábanse ao mar antes de que a venta de peixe estivese profesionalizada: “miña nai compraba o peixe na praia porque daquela non había lonxa”, explica ela con orgullo. A historia desta empresa está vencella á ría onde se asenta e á excelente calidade dos produtos que ofertan. Cando? En 1983 a empresa instálase no porto de Marín, desde alí Mares de Galicia SA dedicase á elaboración e comercialización de mariscos frescos e elaborados. A finais da seguinte década, en 1997, compran a depuradora de moluscos e centros de expedición Cultivos Marinos Vilanova, S.L en Hío (Cangas).

GALP - Aínda que Mares de Galicia está situada a escasos metros das oficinas do GALP Ría de Pontevedra no Porto de Marín, Sefi recoñece que non sabia moito do GALP e pensaba que as axudas eran para outro tipo de empresas. Porén, o seu avogado suxeriulle informarse sobre as axudas e presentarse á convocatoria. Ese ano a empresa foi unha das beneficiarias das axudas e, grazas a iso, “levamos o noso proxecto adiante con moitas ganas”. Sabor a mar - “Nós coñecemos moi ben o produto, o molusco, pero esta liña era nova, así que fixemos estudos, probas, pedimos a axuda do GALP e arrincamos”, explica Sefi sobre o obrador de pasteurizado onde preparan o molusco. Segundo Sefi todo o proceso “é moi manual”, e o resultado é un produto de calidade e de uso sinxelo para o consumidor que “só ten que compralo, abrir a bolsa e preparalo na tixola ou na prancha e, coa a auga que leva -totalmente natural- pode usala para un arroz, uns fideos, unha salsa...”. Ao produto chamámoslle ‘Sabor a mar’ porque “é un produto natural que non leva nada, non é necesario botarlle nada, e sabe ao que ten que saber”.

Alta cociña - O produto está a ter moito éxito na restauración e nas cociñas de chefs tan reputados como Pepe Solla. “Ademais da calidade do produto, na restauración resúltalles cómodo porque poden controlar mellor os gastos e o consumo”. Aínda que empezaron coa ameixa rubia e seguiron coa babosa, agora tamén incorporaron a navalla, o berberecho e o mexillón. Este último “é o que mellor funciona”. Toda a liña conta coa certificación de PescadeRías e pode comprarse online en Sal y Laurel ou en Prazas de Abastos de Galicia. Esforzo - Para chegar ata aquí “pasamos por unha serie de procesos”, conta Sefi. “Arrancamos con moitas ganas, tivemos un parón, outro arranque... Fixemos presentacións, íamos a todas partes... Fixemos un pouquiño de todo e algunha decepción levamos”, admite sen perder o bo humor. Esperan que no futuro o produto se faga máis coñecido e que todo ese esforzo mereza a pena. Curiosamente, durante o confinamento as ventas da nova liña aumentaron. Sefi cree que durante esas semanas “a xente recorría máis ao envasado”.