|
O proxecto consiste na posta en marcha dunha nova escola de educación infantil na vila mariñeira de Bueu, á beira do mar, o que permitirá ensinar a biodiversidade mariña, os recursos do mar e fomentará a súa conservación. As familias ás que dará servizo o novo centro, son familias da vila onde moitas familias dependen do sector pesqueiro. |
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a posta en marcha dunha nova escola de educación infantil na vila mariñeira de Bueu, á beira do mar, o que permitirá ensinar a biodiversidade mariña, os recursos do mar e fomentará a súa conservación.
Co desenvolvemento do proxecto darase servizo ás familias da vila mariñeira de Bueu, moitas das cales teñen unha gran dependencia do sector pesqueiro.
Mellorar o servizo das familias dando unha educación de mellor calidade na cal o sector pesqueiro e o mar xogarán un papel moi importante.
Ademais co desenvolvemento do proxecto conseguirase a consolidación de 6 postos de traballo
A actividade principal do proxecto é no acondicionamento dun local para a posta en marcha dunha nova escola infantil (de 0 a 3 anos). Devandito local conta cun espazo amplo e recursos técnicos e arquitectónicos que permitirán contar con 4 amplas aulas, unha sala de usos múltiples, recepción, despacho, almacén, vestiario, baños adaptados e un parque exterior.
A escola terá como un dos seus obxectivos centrais, a educación e divulgación da protección e sustentabilidade do sector pesqueiro da zona, así como o coñecemento das raíces pesqueiras do pobo, artes de pesca, as distintas profesións dentro do sector, etc.
2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego a á mellora do benestar social na zona costeira.
2.2. Contribuír á xeración de emprego a partir da mellora da calidade de vida e a cohesión social
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

