Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ESPAZO EMPRENDEDOR DE INNOVACIÓN ALIMENTARIA

O proxecto vai consistir na dotación de elementos imprescindibles para levar a cabo as accións previstas de promoción, difusión e formación en produtos do sector marítimo-pesqueiro e en técnicas de preparación e conservación dos mesmos.

Ademais, realizaranse xornadas formativas para a hostalería coas seguintes temáticas:

  • Posta en valor de mariscos das nosas Rías pouco coñecidos, como: Ameixón, Moelo, Peneira, Berbiricho Rabioso…
  • Escabeches e mariñados. Distintos escabeches para distintas especies das nosas rías.
  • As ostras. Diferencias entre unhas e outras, por variedade (planas e rizadas) e por zonas de extracción e cultivo. Ostra de Tambo.
  • Diferencias entre as ameixas das nosas rías. Babosa, Rubia, Fina, Japónica, Cornicha, Coquina…. Como diferencialas, propiedades e virtudes de cada unha delas.
  • O despece dun Túnido. Como facer o ronqueo dun atún, separar as distintas partes e para que utilizar cada unha delas.
  • Diferenciar e como cociñar especies que nos levan normalmente á confusión. (Navalla e Longueirón; Zamburiña e Volandeira …)
  • Métodos de Cocción para o polbo. A cociña ao vacío.
  • Posta en valor de peixes das nosas rías pouco valorados ou esquecidos (os descartes) como: Zacapa, serranos…
  • Limpeza ou cociñado dun dos nosos míticos. A Lamprea.
  • Os afumados. En frío e en quente. De peixes e mariscos

 

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 189
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Marín
Datos de interese: 
http://www.concellodemarin.es/ http://www.ajepontevedra.es/espacios-emprendedores/espacio-emprendedor-de-marin/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2 (2021-2022)
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Marín

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
32.126,90€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.126,90 €
Total axuda pública aprobada (€): 
25.701,52 €
% Subvención: 
80 %
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
21.846,29 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
3.855,23 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxecto xeral do proxecto consiste na creación dun espazo dirixido a emprendedores que teñan relación coas industrias alimentarias relacionadas co mar, ao tempo que se crea un aula de showcooking apta para a presentación e difusión dos produtos do mar autóctonos e a aprendizaxe.

Preténdese ademais:

  • Cooperación entre os axentes do territorio e fomento do emprendemento no sector.
  • Difusión e promoción de produtos autóctono  e da pesca, novas técnicas de cociña e recuperación de  técnicas tradicionais. Fomento da cultura mariñeira.
  • Xeneración de novos postos de traballo no sector e recuperación de actividades tradicionais orientadas á venda de produtos marítimos.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dotar á instalación daqueles elementos que permitan executar as accións de promoción, difusión e formación previstas

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto vai consistir na dotación de elementos imprescindibles para levar a cabo as accións previstas de promoción, difusión e formación en produtos do sector marítimo-pesqueiro e en técnicas de preparación e conservación dos mesmos

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

5. Fomentar a cooperación e a capacidade dos axentes do territorio para contribuír ao desenvolvemento local

Obxectivo específico da EDLP: 

5.1. Promover o intercambio do coñecemento baseado na experiencia con outros territorios entre axentes públicos e privados de todos os sectores participantes no GALP.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)