Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mardesía: estancias de mar, arte e poesía (GALP 6 - 040)

Mardesia Galicia S. L. é unha empresa de nova creación posta en marcha para lanzar un novo proxecto de aloxamento turístico que de acceso ao cliente a todos os aspectos culturais e tradicionais vinculados ao mar, que normalmente quedan sen visibilidade para o turismo convencional.

Trátase de cinco aloxamentos: un en planta baixa, adaptado e os outros catro de dúas plantas. Todos contan con xardín privado e “ardora”, pequenas piscinas con luz que evocan un fenómeno que se produce nas nosas praias que consiste nunha luminiscencia en forma de esferas de luz causadas polo brillo duns microorganismos mariños nunha determinada fase da lúa. Os peixes ao nadar, os remos ao vogar... crean unha estela que semella que arde o mar.

Son apartamentos innovadores na súa construción: aplícase un novo sistema construtivo modular especialmente adaptable á tipoloxía de vilas mariñeiras. Supón unha  Transferencia tecnolóxica como aplicación dun novo sistema construtivo tecnolóxico á xeración destes espazos tradicionais.

Son edificacións respectuosas co medio ambiente, de mínimo impacto e de consumo enerxético preto a cero.

Os aloxamentos inclúen temáticas relacionadas co mar e o mundo mariñeiro: mobiliario, exposicións de pintura relacionada co mar, literatura, poesía…

As edificacións son “intelixentes” , máis alá da domótica, e orientadas ao turismo mariñeiro. A innovadora función PAM (Persoal Asistente Mariñeiro) no propio aloxamento permite aos clientes organizar o día en función dos seus gustos, o clima, actividades, romarías, festas e eventos da zona, sempre vertebrados no mar como orixe das tradicións. O PAM evoca a figura do home ou a muller da vila que nos poden achegar a actividades alternativas ao sol e a praia, e nos poden mergullar nos seus costumes e tradicións mariñeiras. Outra peculariedade do PAM é a interactividade. Aliméntase das experiencias dos visitantes, o que lle permite mellorar e optimizar o seu servizo.

As actividades que o PAM pode propoñer ao visitante son, entre outras, as seguintes:

Creación de exposicións e bibliotecas nas que o mar é o protagonista

Festas locais en toda a comarca relacionadas co mar e os seus produtos.

Invitación ao descubrimento da gastronomía da zona, baseada nos produtos do mar.

Visitas e desfrute do patrimonio natural: praias, recollida de crebas nelas, ríos, observatorio de aves, xacementos arqueolóxicos.

Visita e desfrute do patrimonio artificial: vilas mariñeiras (Combarro, Portonovo)

Práctica de deportes relacionados co mar (paddle sup, piragüismo, surf, windsurf, submarinismo, pesca...).

Encontros artísticos: pintura, escultura, poesía, danza e outros, todos vinculados co mar.

Rutas en barcos mariñeiros.

Visitas ás lonxas e aos pequenos portos.

Formalmente as vivendas caracterízanse por manter proporcións acordes coa contorna e manter un diálogo coas vilas mariñeiras, pero ao mesmo tempo, nunha atmosfera de total silencio visual. Predominan os brancos e as formas sinxelas e puras para non interferir sobre a súa contorna e sobre as vistas e o desfrute do mar. O edificio concíbese como un lenzo en branco no que priman os contidos (vistas, obxectos expostos) sobre o continente (o edificio).          

 

Trátase dunha proposta turística innovadora que busca a desestacionalización do turismo, mergullando ao cliente na cultura mariñeira local.

O proxecto vaise localizar preto dunha das máis fermosas praias de Galicia, a praia da Lanzada, zona protexida pertencente a Rede Natura 2000, e cun  interese cultural en aumento grazas á recentemente escavada necrópole romana do século III D.C e os restos arqueolóxicos dun castro do século VIII A.C., próximos á ermida románica de finais do século XII da Nosa Señora da Lanzada. Precisamente a localización da parcela na que se desenvolverá este proxecto sitúase a escasos 600 metros deste lugar.

Mardesía dará acceso a todos estes aspectos culturais e tradicionais vinculados ao mar, que normalmente quedan sen visibilidade para o turismo convencional.

Datos xerais
Acrónimo: 
MARDESÍA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
MARDESÍA GALICIA S. L.
Datos de interese: 
A zona da praia da Lanzada e os seus espazos protexidos constitúen unha zona de turismo de verán. As estancias localízanse cerca de varias vilas mariñeiras a escasos quilómetros dos seus correspondentes portos: O Grove e Portonovo. A través deste proxecto quérese recuperar a cultura tradicional pesqueira desta zona que foi practicamente absorbida pola industria turística praieira.
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
09/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
15
Anualidades: 
2017 - 2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

O proxecto sitúase no lugar de Cartimil, da parroquia de Noalla, moi preto da praia da Lanzada (Sanxenxo).

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
516.460,78 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
414.051,59
Total axuda pública aprobada (€): 
186.323,22 €
% Subvención: 
45 %
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
158.374,37
FEMP (%): 
85 %
CA (€): 
27.948,47
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O mar e a cultura mariñeira son moito máis que o sol e a praia. A particularidade  e a singularidade das nosas vilas mariñeiras apréciase no día a día, no cotián. Mardesía, a través do seu innovador sistema PAM (Persoal Asistente Mariñeiro) invita ao turista a participar na vida das vilas da zona, animando a compartir a apertura das lonxas, a chegada aos portos das embarcacións, asistir a eventos nos pequenos museos mariñeiros, a participar das actividades que ofertan ditas vilas, incluso a compartir festas, romarías, gastronomía. Unha mención especial merece a invitación aos paseos polas praias, ideais para a recollida de crebas, actividade que cada vez conta con máis adeptos.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-          Fomentar un turismo desestacionalizado, respectuoso co medio e interesado na cultura, as tradicións mariñeiras, e no mar como fontes de inspiración e de vida. Mardesía dará resposta a este tipo de turismo. Búscase a captación de clientes durante todo o ano, máis alá dos meses estivais e as estancias temporais de sol e praia. Estímase un incremento de ocupación dun 30% na tempada baixa, respecto ao habitual. Se activará un novo concepto turístico do que se beneficiarán outros negocios.

-          Poñer en valor os produtos, a gastronomía, a artesanía da zona, para o que a través do PAM se promocionarán estes aspectos. Este tipo de actividades servirán de atractor fóra da tempada de verán.

-           Crear unha carteira de clientes, que teñan en Mardesía un referente  tanto para os seus momentos de lecer como medio de inspiración e creación. Espérase chegar a unha ocupación dun 50% en tempada baixa.

Principais actividades do proxecto: 

Construcción de cinco aloxamentos - apartamentos turísticos: un en planta baixa, adaptado e os outros catro de dúas plantas. Todos contan con xardín privado e “ardora”, pequenas piscinas con luz que evocan un fenómeno que se produce nas nosas praias que consiste nunha luminiscencia en forma de esferas de luz causadas polo brillo duns microorganismos mariños nunha determinada fase da lúa. Os peixes ao nadar, os remos ao vogar... crean unha estela que semella que arde o mar

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego á mellora do benestar social na zona costeira

Obxectivo específico da EDLP: 

2.2.1 Servizos para a cohesión social e territorial e o benestar

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)