
Facer chegar directamente ós mariscadores interesados os estudios máis relevantes nos que participamos nos últimos anos e aqueles nos que nos estamos embarcar actualmente, da man dos propios investigadores, de xeito que se poda establecer un diálogo con eles, consultar dúbidas e intercambiar opinións.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Achegar o sector marisqueiro as investigacións que se realizan sobre o marisqueo na zona interna da Ría de Pontevedra e nas que eles participan a través da Lonxa de Campelo.
- Que os mariscadores entendan o que se está a facer para mellorar a Xestión do marisqueo e comprender os complexos elementos que confúen nun entorno tan complicado como os fondos das Rías.
- Concienciar nunha xestión baseada no coñecemento e adaptada a un contexto de cambio climático, no que procesos están a variar de xeito moi rápido e relevante.
- A conservación e coidado do medio natural como forma de preservar o marisqueo coma coñecemos.
- Importancia de colaborar activamente coa ciencia na búsqueda de respostas e posibilidades para entender o marco no se desenvolve e se vai desenvolver no futuro o marisqueo.
- Achegar os investigadores ó sector e ós problemas que realmente preocupan.
- Fomentar un diálogo ciencia-marisqueo que derive en máis e mellor colaboración.
- Incremento do coñecemento dos mariscadores das accións científicas nas que están a participar e os seus resultados.
- Aumentar o interese pola capacidade da ciencia de dar respostas a cuestión que afecten ó marisqueo.
- Descubrir ó sector novo aspectos que afectan ó marisqueo e nos que nos se repara habitualmente.
- Acercar ós investigadores ós intereses reais do sector e ter retorno da súa visión sobre o que a ciencia debe aportar.
- Crear unha rede de colaboración ciencia-sector da que poidan xurdir novos proxectos.
- Favorecer unha mellora na xestión, baseada no coñecemento e apoiada en datos científicos.
- Dotar a Lonxa de Campelo dos equipamentos e ferramentas para poder repetir actividades de divulgación nun futuro.
- Xornada 1:
- Elsa Vázquez (U. Vigo). Resposta dos bivalvos á condicións ambientais extremas.
- Mariana Herrera (Vigo). Conectividade (fonte-sumidoiro) das principais poboacións de moluscos bivalvos de Galicia Puasa.
- Laura Peleteiro (U.Vigo). Modelo meta-poboacional de bivalvos para garantir unha produción sostible.
- Espazo de debate entre os ponentes e asistentes. Adicado a compartir experiencias e intercambiar ideas.
- Xornada 2:
- María Cristina Sobrino (U.Vigo). Proxecto ACID, sobre acidificación das Rías e os efectos sobre o marisco.
- Nicolás Villacieros (IIM). Os efectos das condicións do mar e do sedimento sobre o asentamento e desenvolvemento dos bivalvos infaunais.
- Juan Severino Pino (IIM). A chegada de augas subterráneas ós bancos de marisqueo e a súa importancia no cultivo de bivalvos.
- Espazo de debate entre ponentes e asistentes. Adicado a compartir experiencias e intercambiar ideas.
Aumento do valor, creación de emprego, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Consolidar as entidades representativas do sector pesqueiro como axentes de gobernanza.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

