O GALP Ría de Pontevedra recibiu na data do 4 de xuño de 2024 a devolución da proposta de aprobación e desestimación de proxectos emitida na data do 18 de abril deste ano. Reunida a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, o pasado 7 de xuño de 2024 en Marín, acordou a modificación da proposta inicial atendendo as incidencias sinaladas na proposta pola Xefatura de Servizo de Desenvolvemento de Zonas de Pesca. Deste xeito publícase unha nova proposta de aprobación e desestimación de proxectos que ten carácter provisional.
- Anexo 1 - Proposta provisional de aprobación de proxectos.
- Anexo 2 - Proposta provisional de desestimación de proxectos.
Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos da convocatoria de 2024 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.
Tal como se reflicte no artigo 20.1 das Orde de axudas do 28 de decembro da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citada Orde.

