
PESCATURISMO Playa de Sanxenxo é un proxecto innovador que consistirá na creación de rutas de pesca-turismo para efectuar saídas ao mar a bordo dun barco pesqueiro, no que se amosará a pesca artesanal e sostible da nasa e os miños, así como a posta en valor dos produtos pesqueiros obtidos con esta arte. Ao mesmo tempo darase a coñecer a biodiversidade mariña da ría e, en concreto, do PNMTIAG e axudará a difundir a cultura mariñeira da Ría de Pontevedra. O proxecto desenvolverase na Ría de Pontevedra e na contorna do PNMTIAG, arquipélago das Illas Ons e, a súa chegada a porto, os turistas acompañarán ao mariñeiro a lonxa para ver a poxa do peixe e a gastronomía do mar ofrecendo unha degustación dos produtos do mar aos turistas.
As actividades serán:
1. Coñecemento dos hábitas mariños e as súas especies
2. Coñecemento das especies da pesca
3. Coñecemento do traballo dos mariñeiros: distintas artes e especies, cultura mariñeira.
4. Comercialización de produto, etiquetaxe, controis de calidade.
5. Degustación de produtos do mar..
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificar a actividade pesqueira ao través da Pesca turismo.
Trátase dunha actividade de diversificación pesqueira coa que se crearán novos produtos e servizos turísticos contribuíndo ao aumento dos ingresos económicos que recibe o mariñeiro pola actividade pesqueira.
Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
- Incremento da viabilidade da actividade pesqueira coa combinación da mesma coa creación dun novo negocio.
- Obtención de ingresos económicos complementarios a actividade principal da pesca
- Diversificación das actividades da pesca potenciando a calidades dos produtos pesqueiros.
- Fomento da economía local coa creación don novo negocio.
- Posta en valor e difusión da actividade pesqueira
- Fomento da remuda xeracional.
Habilitación dun aseo na embarcación e dotación de equipamento necesario para a actividade de pescaturismo.
1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.
1. .1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)