Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación do proxecto de cooperación “Mar das Illas” en Portonovo

O GALP Ría de Pontevedra, xunto co GALP Ría de Arousa e o GALP Vigo – A Guarda, leva a cabo o proxecto de cooperación “Mar das Illas” para o impulso do turismo mariñeiro nas Rías Baixas.

O principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.

A posta en marcha de “Mar das Illas” promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira e da promoción das Rías Baixas como destino de turismo mariñeiro para a posta en valor do sector pesqueiro.

Co obxectivo de dar a coñecer o proxecto e as actividades que vai levar a cabo, o vindeiro venres día 20 de abril, ás 19:30 na antiga sala de subasta da lonxa de Portonovo, terá lugar a presentación de “Mar das Illas”. Se estas interesado en emprender actividades relacionadas co turismo mariñeiro, esperámoste este venres en Portonovo.