
Durante os días 6 e 7 de xuño tivo lugar na localidade de La Rápita (Tarragona), o "8º Congreso da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero". Xunto coa xerente, Elena Herbello, acudiron representantes de Afripex da Confraría de pescadores "Pedra da Oliveira" de Vilaboa e da Asociación de redeiras do Baixo Miño - Atalaia.
O primeiro bloque do congreso revisou a situación do relevo xeracional no sector pesqueiro. A primeira mesa redonda tivo por título: "Construíndo o futuro: estratexias para o relevo xeracional na pesca". A segunda mesa foi sobre "Economía azul: retos e oportunidades para as mulleres do sector pesqueiro"
O segundo bloque tratou sobre visibilización e liderazgo. Realizouse un acto institucional de entrega de recoñecementos á representación sectorial da pesca extractiva, emprendemento feminino e novas liñas de negocio, representación sectorial da transformación e comercialización, representación sectorial en acuicultura e en grupos de acción local do sector pesqueiro.


