
Ampliación da flota (embarcación preneumática semiríxida ) para ampliar os servicios ofrecidos no ámbito da divulgación medioambiental e de biodiversidade , así como completar as nosas liñas de servizos cara unha vertente divulgativa e de interese para tódalas persoas traballadoras ou relacionadas co sector mariño
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Crear unha nova ruta náutica a través da incorporación dunha nova embarcación que facilite o acceso e desenvolvemento deste tipo de actividade con maior axilidade
A través desta nova inversión ampliarase a oferta na nosa zona pesqueira con rutas con forte compoñente divulgativo sobre a necesidade de conservación do medio mariño, das nosas paisaxes, da loita contra o cambio climático, etc.
Coa ampliación dunha nova embarcación pneumática semiríxida pretendemos ampliar os servizos ofrecidos no ámbito da divulgación medioambiental e de biodiversidade, así como completar as nosas liñas de servizos cara unha vertente divulgativa e de interese para tódalas persoas traballadoras ou relacionadas co sector mariño.
A localización destas rutas nas que se empregará esta tipoloxía de embarcación, será o territorio do GALP Ría de Vigo – A Guarda tendo, como é de esperar, moita presenza a Ría de Vigo e as Illas Cíes, fonte infinita de recursos mariños e medioambientais, principais protagonistas destas saídas.
Esta tipoloxía de embarcación permítenos axilizar o traslado dos nosos clientes ata a zona obxecto da ruta, coma no caso das visitas realizadas ata a cara oeste das Illas Cíes, pouco frecuentada polos turistas, pero con moita riqueza medioambiental e de biodiversidade
Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono
Obxectivo específico 3.1: acadar a conservación do medio natural na zona costeira.
Obxectivo específico 3.2: concienciar a axentes e entidades da zona pesqueira da necesidade de reducir ás emisións contaminantes ao medio ambiente e incrementar o uso de enerxías alternativas e a eficiencia enerxética.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)