Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

BLUE ATLANTIC FORUM: O Futuro de Galicia é Azul

O concepto de crecemento azul trata de desvincular o desenvolvemento socioeconómico da degradación ambiental por parte dos principais usuarios dos océanos e as augas continentais. Entre eles se inclúen sectores tradicionais como a pesca, o rego, o turismo e o transporte marítimo, pero tamén actividades novas e emerxentes, como a enerxía renovable, a desalinización da auga, a acuicultura mariña, as actividades de extracción dos fondos mariños, a biotecnoloxía mariña e a prospección biolóxica. A Blue Economy refírese ao desenvolvemento das economías de maneira sostible, de tal xeito que o uso que se realiza dos recursos naturais non supere a taxa de renovación dos mesmos, evitando hipotecar o planeta a futuras xeracións. A economía azul é aquela que recoñece a importancia dos mares e dos océanos como motores da economía polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento,segundo a definición da UE. Para abordar este tema, proponse no marco deste proxecto o desenvolvemento dun foro ou encontro sobre economía azul titulado Blue Atlantic Forum, de carácter anual, a desenvolver na vila de Baiona na segunda semana de outubro de 2021 e 2022, incluíndo distintos formatos de actividades ao redor de tres sectores de actividade, e de acordo aos apuntamentos que aquí se propoñen: Blue Atlantic Forum: O Futuro de Galicia é Azul Trátase dun foro ou encontro previsto para tres días, cos seguintes enfoques temáticos e contidos: Día 1: Turismo azul Día 2: Biotecnoloxía mariña Día 3: Pesca e acuicultura

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP7-148
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE BAIONA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
CONCELLO
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2021,2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

CONCELLO DE BAIONA 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
74.769.46€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
59.839,47 €
Total axuda pública aprobada (€): 
53.855,52€
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
45.777,20€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
8.078,32€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto presentado á convocatoria de proxectos GALP é o de crear un espazo de cooperación, discusión, formación e divulgación de referencia no espazo galego sobre a economía azul dende a perspectiva da cunca atlántica

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Promoción da reflexión sobre a necesidade de promover alternativas produtivas máis sustentables e respectuosas co contorno e, sobre todo, co medio mariño - Impulso da cooperación internacional e intersectorial entre axentes que operan na economía azul - Sensibilización da sociedade e das institucións en torno á necesidade de mudar o modelo produtivo ligado ao mar - Difusión e promoción de valor cultural e ecolóxico das zonas costeiras - Divulgación das posibilidades da economía azul no contorno da ría de Vigo. - Propostas económicas viables alternativas á pesca e o marisqueo - Incremento das vocacións ao redor da economía azul entre os estudantes e os universitarios

Principais actividades do proxecto: 

Trátase dun foro ou encontro previsto para tres días, cos seguintes enfoques temáticos e contidos: Día 1: Turismo azul Día 2: Biotecnoloxía mariña Día 3: Pesca e acuicultura Os esquema de bloques comúns para os tres sectores de actividade seleccionados son: 1 CONCEPTUAZULIZANDO O obxectivo do mesmo é o de difundir coñecementos da economía azul ao redor do concepto seleccionado. Xa que un dos obxectivos do programa é o de divulgar iniciativas azuis, é preciso explicar primeiramente os principais conceptos aos menos coñecedores, nunha especie de economía azul para dummies ou principiantes, cun formato TED Talk ou de presentacións breves (como 8 minutos) por parte dun experto ou experta nunha materia e cun reto tecnolóxico visible nunha pantalla para que os asistentes (participantes de xeito presencial) podan facer as súas preguntas. Duración total: 45 minutos aprox. 2 AS RÍAS GALEGAS COMO FONTE DE RECURSOS As rías son un recurso único e excepcional de Galicia, pero ¿como aproveitar este recurso da maneira máis eficiente e sostible posible?. Algúns dos puntos a tratar son: - As rías galegas como fontes de recursos de pesca futuros - As rías galegas como recurso turístico de futuro - As rías galegas como fonte de recursos para a biotecnoloxía azul Formato: mesa redonda Duración total: 55 minutos aprox. 3 SOS - INICIATIVAS SOSTIBLES O obxectivo deste espazo é divulgativo, ideado para a presentación, baixo un formato de entrevista ou presentación, de casos prácticos a modo de exemplo ou boa práctica, co propósito de dar voz a persoas ou empresas (galegas inicialmente pero en edicións posteriores doutros países) con iniciativas azuis destacables. Duración total: 40 minutos aprox. (2x20 minutos) 4 FINANCIAMENTO E CASOS DE ESTUDO (GALP, POCTEP...) Por un lado farase unha pequena presentación das opcións de financiación para o sector ao que estea dirixida a xornada en cada unha das sesións, e de seguido darase voz a dous casos que teñan obtido apoio desas liñas de financiamento presentadas para que presenten os seus proxectos en todo o seu ciclo de vida (desde os momentos iniciais, pasando pola obtención das axudas á presentación dos resultados finais alcanzados no proxecto). Cada un dos casos terá 20 minutos de tempo en formato presentación. Duración total: 60 minutos aprox.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxetivo estratéxico 3: impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático;

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxetivo específico 3.2: concienciar aos axentes e entidades locais da necesidade de reducir emisións contaminantes incrementando o uso de enerxias alternativas e eficientes enerxéticamente.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)