martes, 20 de Xaneiro de 2026 - 06:01

O día 15 de xaneiro a xerencia do GALP Ría de Vigo - A Guarda asistiu a presentación da nova campaña para 2026 de Turismo Rías Baixas que se celebrou no Pazo dos Escudos en Vigo.
Este ano a campaña ten por nome "A túa meta, o teu destino", e servirá de imaxe de presentación da nosa terra na Feira FITUR que terá lugar nos próximos días en Madrid.

