
Mellora na comercialización de productos pesqueiros a través de inversións para a sala de subastas e exposición , para traballo de oficina e mellorar a comercialización e distribución dos produtos pesqueiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Apoiar a creación dun Centro de Expedición na Nova Lonxa de Canido así como mellorar a comercialización dos produtos pesqueiros da Confraría de Pescadores de Vigo
- A posta en funcionamento dun Centro de Expedición na Lonxa de Canido - Posta en marcha da venda de produtos do mar dende a Lonxa de Canido.
O presente proxecto vén a continuar e mellorar o traballo que estamos a facer durante o desenvolvemento do Proxecto relacionado coa gobernanza denominado “Somos Confraría”, que tamén é financiado polo Galp Ría de Vigo- A Guarda. Entendemos que a Nova Lonxa de Canido é o vínculo de unión entre os dous proxectos, e unha das liñas de vertebración da actividade económica da Confraría de Vigo nos vindeiros anos. Unha oportunidade de comercialización dos produtos pesqueiros dos nosos socios e socias que se verá reforzado polas seguintes accións incluídas no presente proxecto: 1. Acondicionamento de zona de produtos pesqueiros da Lonxa: trátase da compra dunhas mesas de inox adecuadas para o traballo e manipulación dos produtos do mar pescados polos nosos socios e socias, así como para a exposición de peixes e mariscos para a súa poxa e/ou venda directa. 2. Acondicionamento da oficina de traballo da Lonxa: trátase de fornecer a oficina da nova Lonxa de Canido das ferramentas necesarias para dar servizo aos nosos socios e socias e traballar na mellora da comercialización dos produtos pesqueiros. Ademais incluímos un control de acceso con tarxeta á instalación para facilitar a entrada dos socios e socias que utilicen a os baños para cambiarse tras o traballo no mar e gardar a súa roupa de mergullo, principalmente. 3. Mellora da distribución e venda de produtos pesqueiros: Para poder facer unha mellor comercialización e distribución dos produtos pesqueiros dos nosos socios e socias, será preciso ter unha furgoneta con isotermo, que sexa segura e permita trasladar os produtos tanto ao Porto Pesqueiro de Vigo como a compradores do sector da restauración.
OBXECTIVO 1- Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos naturais.
1.1. Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos do mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)