
Do 17 ao 21 de outubro levouse a cabo en Vigo o curso "Turismo mariñeiro e pesca turismo", actividade recollida dento do proxecto conxunto dos GALPS galegos "Mar e Rías: Pesca e turismo".
O obxectivo de este curso foi fomentar o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro. Os alumnos recibiron coñecementos para a posible diversificación das súas fontes de ingresos mediante actividades de pesca e turismo mariñeiro, asi como pautas para promover prácticas sostibles que respecten o medio ambiente mariño e contribúan ao seu mellor coñecemento, respecto e coidado.
O curso foi unha gran ferramenta para apoiar aos pescadores/as e mariscadores/as no seu emprendemento cara conversión da súa actividade pesqueira nuha oportunidade de experiencia turística segura e atractiva. Este curso serviu de pulo para facer máis visible a profesionalización das actividades de Pesca Turismo e Turismo mariñeiro.

