Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Galps unha ferramenta para o territorio

O día 20 de novembro a xerencia do GALP7 e representantes da Asociación Mar Seguro de Galicia participaron na xornada organizada polo GALP Ría de Arousa, no Auditorio de Vilagarcía.

Baixo o nome de "GALPs: Unha ferramenta para o territorio", a xuntanza  contaba coa asistencia da Vicepresidenta de GALP Ría de Arousa, a Directora do CETMAR o Concelleiro deTurismo e Promoción Económica do Concello de Vilagarcia e o Conselleiro do Mar.

Trataronse temas como as sinerxias entre GALP, a presentación do GALP Ría de Arousa, xóvenes emprendedores ou mulleres na batea. Os GALPs expuxéron proxectos do sector pesqueiro. Nesta ocasión o GALP Ría de Vigo - A Guarda presentou o proxecto "Os mares de baixura II: ampliando horizontes".