Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Implantación e divulgación de medidas de dixitalización e loxistica sostible

O proxecto consiste na implementación dun software informático que axuda ao cumplimento das normativas de etiquetado e trazabilidade e tamén a automatización dos procesos loxisticos e administrativos, aforrando tempo e reducindo erros. 

Coa dixitalización conséguese ofrecer un producto de calidade coa máxima eficiencia. Asimesmo, coa utilización de tecnoloxías dixitais favorécese a redución da pegada de carbono no sector pesqueiro.

O proxécto complétase coa adquisición de equipamento informático destinado ao posto de lonxa para a adxudicación de vendas e impresión de albaráns mediante un terminal.

Por último mitíganse os efectos do cambio climático coa compra dunha carretilla eléctrica e unha traspaleta para o transporte de cargas entre a cámara frigorífica e a lonxa.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cies Artesanais Sooc. Coop.Galega
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa consolidada e con máis de 19 anos de experiencia no sector da pesca costeira artesanal.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

O proxecto lévase a cabo no Concello de Vigo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
40.610,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
40.610,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
37.767,30
% Subvención: 
93%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
26.437,11
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
11.330,19
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Optimización e dixitalización de procesos administrativos e loxísticos: Implementación de sistemas informáticos para a mellora da eficiencia operativa. Redución de tempos de xestión financeira e eliminación do uso de documentos físicos.
2. Mellora da eficiencia operativa e redución de erros: Automatización de procesos loxísticos e administrativos para minimizar erros humanos. Facilitación da trazabilidade e etiquetado dos produtos pesqueiros.
3. Sostibilidade ambiental e redución da pegada de carbono: implementación de solucións que permitan un uso máis eficiente dos recursos e redución das emisións mediante o uso de equipos e maquinaria sostibles.
4. Mellora das condicións de traballo e seguridade laboral: Redución do risco de accidentes mediante equipos máis seguros e ergonómicos. Fomento dun ambiente de traballo saudable mediante a redución de ruído e contaminación.
5. Concienciación e sensibilización sobre a dixitalización e sostibilidade: Impulso da modernización no sector pesqueiro a través das TIC´s.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Optimización de procesos: Redución de tempos e erros en xestión administrativa, financeira e loxística mediante a dixitalización.
2. Cumprimento normativo: Adaptación á Lei Antifraude con facturación electrónica e mellora na trazabilidade dos produtos pesqueiros.
3. Sostibilidade: Redución do uso de papel, minimización de emisións contaminantes e aumento da vida útil dos equipos.
4. Seguridade laboral: Mellora das condicións de traballo cun ambiente máis saudable, menos ruído e maquinaria ergonómica.
5. Aforro económico: Menores custos operativos e de mantemento grazas á eficiencia dixital e á adquisición de equipos máis duradeiros.
6. Concienciación no sector: Fomento da dixitalización e sostibilidade na flota artesanal, promovendo un modelo de negocio eficiente e responsable.

Principais actividades do proxecto: 

- Implementación de software de xestión: Instalación e configuración dun sistema de facturación electrónica homologado.

- Dixitalización de procesos administrativos e loxísticos.

- Dotación de equipamento informático: Adquisición e instalación de equipos informáticos para a xestión de lonxa. Implementación de terminais para a impresión de albaráns e asignación de vendas.

- Adquisición de maquinaria sostible: Compra e posta en funcionamento dunha carretilla eléctrica para mellorar a operativa loxística. Incorporación dunha transpaleta de aceiro inoxidable para o manexo de mercadorías en cámaras frigoríficas.

- Redución do impacto ambiental: liminación progresiva do uso de documentos físicos. Uso de maquinaria eléctrica para minimizar emisións e ruído.

- Capacitación e formación: Formación do persoal no uso dos novos sistemas dixitais e equipos. Sensibilización sobre a importancia da sostibilidade no sector pesqueiro.

- Xornada de exposición, formación e concienciación da masa social en relación cos investimentos e axudas recibidas nos últimos anos en materia de transformación dixital e sostenibilidade.
 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estatéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1.: Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura.

Actuación 1.1.1.:Implantación de novo equipamento de loxística interna en zonas de almacenamento.

Actuación 1.1.3.:Desenvolvemento de sistemas de rastrexabilidade alimentaria na cadea de valor baseados nas novas tecnoloxías dixitais, con impacto na seguridade alimentaria e a diferenciación cara ao consumidor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)