xoves, 16 de Maio de 2024 - 02:05

O día 16 de maio tivo lugar en CETMAR o taller sobre "Integración do ruido submariño na ordeación espacial marítima", dentro do proxecto MSP-REGINA. Este proxecto ten como obxectivo a involucración das rexións, as autoridades locais e as partes interesadas no desenvolvemento e a implementación da ordeación do espazo marítimo (OEM) de España, Francia, Italia, Grecia e Irlanda. Deseñáronse 8 casos de estudo (un deles en Galicia).
O ruido antrópico submariño é unha forma de contaminación que dana a vida mariña e constitúe un descriptor do bo estado ambiental do medio mariño, acorde á implementación da Directiva marco sobre a estratexia mariña.
Neste taller contextualizouse o ruido submariño, a través dos datos analizados para o caso de Galicia.

