Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Intercambio de experiencias do GALP7 co GAC Cantabria Oriental e GALP Mariña - Ortegal

Os días 13, 14 e 15 de setembro, representantes do GALP7 realizaron un intercambio de experiencias co GAC Cantabria Oriental e GALP Mariña - Ortegal.

Por parte do GALP Ría de Vigo - A Guarda participaron na visita representantes das Confrarías de pescadores de Cangas, Redondela e Arcade e a xerente do GALP7.

Na zona do GAC Cantabria Oriental realizouse a visita ás instalacións de Pescados Julio en Colindres. A continuación visitouse a nave de redeiras da Confraría de pescadores de Colindres, onde cada embarcación ten un espazo para colocar as súas redes e así poden traballan mellor. A visita continuou pola galería/museo de Conservas Ana María en Santoña. Visitouse tamén a empresa Vegomar, que comercializa peixes e mariscos frescos que adquire no porto. Pola tarde tivo lugar unha reunión nas instalacións da Confraría de pescadores de Santoña. Por último, realizouse unha reunión con Manuel Pellon, propietario dunha embarcación adaptada para pescaturismo.

Na zona do GALP Mariña - Ortegal visitouse o parque recreativo "Laberinto da Mariña". O parque está formado por un recorrido laberíntico que conta cun miradoiro con vistas de toda a costa, con paneis informativos sobre xeoloxía, flora e fauna mariñas do entorno, e unha zona de xogos, dedicada a xogos tradicionais galegos, fabricados por expertos artesáns da zona. Na lonxa de Burela presentouse o novo sistema de poxa, co obxectivo de sentar as bases para a futura poxa non presencial. Trátase de prescindir da "voz humana", sendo cantada a baixada de prezo por un altofalante, previo desenrolo do correspondente software. 

Visitouse a empresa Conservas Curricán, que ofrece produtos Premium da mais alta calidade. Finalmente realizouse a visita a Pescados Rubén.