Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DA ANGUIA PROCEDENTE DA PESCA ARTESA

A pesca de anguía con voitirón se realiza no fondo da ría de Vigo, na Enseada de San Simón, concretamente cara á terra dunha liña imaxinaria comprendida entre o peirao de Santa Cristina e a Illa de San Simón. Tratase dunha actividade que se realiza seguindo unhas especificacións moi estritas en canto a embarcacións participantes, número de nasas por embarcación, xornadas semanais, época de capturas, control e seguimento da actividade pesqueira .Unha vez capturada esta especie é trasladada ata a lonxa de Arcade, en concreto ata unha sala que conta con 5 piscinas; onde permanece estabulada ata que chegan os compradores, o que pode representar varias xornadas. Durante o tempo que permanece estabulada nas piscinas, se deben cumprir cunhas condicións físico químicas óptimas (temperatura, PH, amoníaco, nitritos, oxixeno disolto…). Como o plan de xestión abarca dende os meses de febreiro a outubro, un dos principais problemas aos que se enfronta o colectivo é ao mantemento das anguías nas piscinas no verán, debido á temperatura que alcanza a auga que podería acadar rexistros que supoñan unha temperatura crítica para a anguía e provocar mortalidades elevadas. De xeito que para poder manter a temperatura en valores estables, é necesario contar con sistemas que permitan regular a mesma, o que se consigue a través deste proxecto coa instalación nas piscinas dun equipo: evaporador, cadro de maniobra, presostato…. que permite crear un circuíto pechado de auga coa temperatura desexada en cada momento. O proxecto consta de dúas tarefas: instalación do equipamento e xornada formativa. A instalación do equipamento corresponde á empresa G&J Vázquez, e trala mesma terá lugar unha xornada formativa na que a persoa responsable de implantación no colectivo de anguieiros explicará os novos métodos de traballo con este novo equipo, e a súa relevancia para o proceso de comercialización. Ademais de pescadores de xénero masculino, na xornada participarán ao menos 4 pescadoras artesanais de anguía. Este equipamento permite acadar os obxectivos específicos do proxecto: OE1. Mantemento da temperatura óptima nas piscinas; OE2. Diminución do tempo de traballo dos pescadores e OE3. Mellora das condicións de vida dos pescadores e conciliación coa vida familiar); e con eles o obxectivo xeral OX. Mellorar o proceso de comercialización da anguía.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP7-132
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARIA DE PESCADORES DE ARCADE
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
CONFRARIAS DE PESCADORES
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7,5
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

RIA DE VIGO 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
16.189,80€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
13.380,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
10.035,00
% Subvención: 
75%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.529,75€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
1.505,25€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Mellorar o proceso de comercialización da anguía.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Control da temperatura das piscinas de estabulación: regulando e controlando a temperatura das piscinas se mellora a calidade, e as condicións hixiénicas e de saúde pública das anguías estabuladas na fase inmediatamente anterior á venta. Diminuíndo o estrés e incrementado a supervivencias das mesmas. -Diminución do tempo de traballo dos pescadores e da inquedanza: na medida en que non terán que estar pendentes continuamente da renovación da auga das piscinas, nin terán que acudir polas noites a comprobar o estado das anguías. -Mellora das condicións de vida e conciliación do traballo coa vida familiar: polo mesmo exposto no paragrafo anterior.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consta de dúas tarefas: instalación do equipamento e xornada formativa.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO EXTRATEXICO 1:Mellora da competitividade do sector pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)