Este proxecto enmárcase nunha liña de traballo trazada pola CEMMA dende 1990 mediante a implantación da Rede de Varamentos de Galicia-RV e mellorada no ano 1997 a través da rehabilitación de fauna.
Para a mellora do funcionamento da RV é necesario contar con medios, información e equipos humanos que executen a asistencia. Esta pan-estrutura está xestionada dende o ano 1990 pola CEMMA, a través das autorizacións específicas da Xunta de Galicia. Entre as moitas entidades que dun xeito difuso contribúen a colaborar doa RV cóntase coas confrarías de pescadores e os concellos, pois en moitas ocasións cando algún mariñeiro detecta un exemplar de fauna mariña ameazada con problemas, comunica a alerta a través da propia confraría. A maior parte do capital humano da entidade está formado polo voluntariado. É por iso que as confrarías convertéronse co tempo nunha peza máis do proceso de conservación das especies. Os concellos, pola contra, teñen a responsabilidade da retirada dos restos das praias a través da xestión de residuos. Coordinarse ben con estas entidades é garantía de éxito na recolección da datos e mostras
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal do proxecto é actualizar e poñer en marcha o Plan de Voluntariado de apoio á Rede de Varamentos a través de equipos humanos e formación
Revisión e ordenación do voluntariado. Catalogación do voluntariado e xestión para adecuación á lexislación vixente. Coordinación e formación
Acción 1: revisión da base de datos de voluntariado e Plan de Voluntariado
Revisión do rexistro de voluntariado dos últimos anos. Adecuación das persoas voluntarias. Deseño do Plan de Voluntariado Realización dos contratos de voluntariado a 15 persoas voluntarias e xestión con outras 20. Posta en marcha do protocolo de voluntariado da entidade
Acción 2: xornada formativa
Deseñaranse tres xornadas formativas en diferente formato: unha xornada teórica, un simulacro de rescate e unha campaña marítima. Tratando de abarcar todos os aspectos das asistencias e acción voluntaria.
Acción 3: deseño, edición e distribución de materiais formativo-divulgativos.
Acción 3.1: deseño, edición de materiais divulgativos. Editarase unha tiraxe de camisetas, petos e gorras que servirán como difusión do voluntariado e ademais de identificación do voluntariado nas praias.
Acción 3.2: materiais de campo. Dotarase de materiais de campo hábiles ara a recollida de datos en condicións moitas veces difíciles.
Obxectivo estratéxico 3 Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico3.1: acadar a conservación do medio natural na zona costeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)