Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proceso de contratación e selección de persoal auxiliar administrativo GALP7

Publicacion: 
19/11/2024

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo - A Guarda convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de persoal auxiliar administrativo para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA 2021-2027).

As condicións e requisitos pódense consultar nas bases que regularán este proceso de selección, que estarán dispostas na páxina web https://galp.xunta.gal/, ou chamando ao teléfono: 986 50 71 22 en horario de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres.

As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende a última publicación nos medios indicados na Base 4.1, debendo realizarse segundo o modelo que se xunta como Anexo I ás Bases, nas oficinas de ADM ASESORES, sito en Avda Agustín Romero, 1-1º de Vilagarcía de Arousa, en horario de luns a venres, de 08:00 a 14:00 horas; ou ben, por correo electrónico dirixido á dirección: erg@admasesores.com

Data do último anuncio publicado 20 de novembro de 2024 polo tanto, o prazo de presentación finaliza o 12 de decembro de 2024.

Anuncio contratación: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anuncio

Bases de contratación: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/bases-de-contratacion-persoa...

EDLP: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/edlp

Anexo I: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-i

Convenio Colaboración Consellería-GALP: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/convenio-fempa-galp7

Estatutos GALP Ría de Vigo-A Guarda: 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/estatutos-galp7

Orde de axudas: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0...