Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución da xunta directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo-A Guarda en reunión celebrada o 19 de xuño de 2020 en Arcade seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018" pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. Esta resolución foi publicada na mesma data na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Vigo - A Guarda.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, a Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda en reunión mantida na data do 30 de xuño en Baiona, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a primeira convocatoria de 2020

Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións definitivas:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_de_resolucion_da_xunta_directiva_do_galp_ria_de_vigo_-_a_guarda.pdf