Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución definitiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda, en reunión celebrada 6 de outubro de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.

Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións a esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Setembro de 2021, preséntase a proposta de resolución definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo - A Guarda, tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 3 de agosto de 2021, da Consellería do Mar.

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_resolucion_definitiv...