Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Protocolos, coordinación e medios da Rede de varamentos

Este proxecto enmárcase nunha liña de traballo trazada pola CEMMA dende 1990 mediante a implantación da Rede de Varamentos de Galicia-RV e mellorada no ano 1997 a través da rehabilitación de fauna

Para a mellora do funcionamento da RV é necesario contar con medios e información. Esta pan-estrutura está xestionada dende o ano 1990 pola CEMMA, a través das autorizacións específicas da Xunta de Galicia. Entre as moitas entidades que dun xeito difuso contribúen a colaborar doa RV cóntase coas confrarías de pescadores e os concellos, pois en moitas ocasións cando algún mariñeiro detecta un exemplar de fauna mariña ameazada con problemas, comunica a alerta a través da propia confraría. É por iso que as confrarías convertéronse co tempo nunha peza máis do proceso de conservación das especies. Os concellos, pola contra, teñen a responsabilidade da retirada dos restos das praias a través da xestión de residuos. Coordinarse ben con estas entidades é garantía de éxito na recolección da datos e mostras biolóxicas.

As accións que se van realizar son :

Acción 1: elaboración de protocolos de varamento.

Acción 2: revisión da estrutura das bases de datos Revisión e recompilación da documentación de rexistro de varamentos dende 1990, dixitalización a información e revisión de bases de datos e agrupación en mapas GIS.

Acción 3: mellora de medios da RV Creación de carriños polivalentes de Rescate en area anfibios especializados, sendo os primeiros en Galicia, caixón de cestería para lobos mariños e padiolas para o transporte en praia de animais mariños. Articulación dunha rede de puntos con caixas de material de campo para facilitar a rápida actuación da RV.

Acción 4: deseño, edición e distribución de materiais divulgativos. 

Acción 5: vídeo explicativo da metodoloxía da recollida de datos. 

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP7-137
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CEMMA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
ENTIDADE UTILIDADE PÚBLICA
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

RIA DE VIGO 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
24.040,53 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
22.544,09€
Total axuda pública aprobada (€): 
21.416.89€
% Subvención: 
95%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
18.204,36€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
3.212.53€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0,40 ETC
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto é aportar ferramentas para o mellor funcionamento da Rede de Varamentos a través de medios físicos e información.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Elaboración e distribución de materiais de campo. Ordenación de documentación do rexistro de varamentos. Deseño de carriños polivalentes, padiolas e transportín, aptos para o transporte de fauna mariña Materiais divulgativos de ampla distribución. Realización de material audiovisual formativo.

Principais actividades do proxecto: 

Acción 1: elaboración de protocolos de varamento

Acción 2: revisión da estrutura das bases de datos Revisión e recompilación da documentación de rexistro de varamentos dende 1990, dixitalización a información e revisión de bases de datos e agrupación en mapas GIS.

Acción 3: mellora de medios da RV .

Acción 4: deseño, edición e distribución de materiais divulgativos.

Acción 5: video explicativo da metodoloxía da recollida de datos

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3 :Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico3.1: acadar a conservación do medio natural na zona costeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)