
O GALP Ría de Vigo - A Guarda é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) da convocatoria 2025, co proxecto Pesca saúde: Consumo de produto pesqueiro alimentación saudable.
O GALP Ría de Vigo - A gurada é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transanacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) da convocatoria 2025, co proxecto: Pesca saude: Consumo de produto pesqueiro alimentación saudable.
O proxecto ten como obxectivo promover e incrementar o consumo de produtos do mar destacando os beneficios do seu consumo na nosa saúde e benestar. Destacan obxectivos específicos como promover o consumo dos produtos do mar incidindo nas súas propiedades e valores nutricionais como alimento básico dentro dunha dieta saudable, concienciar á poboación dos beneficios que supón o consumo dos produtos pesqueiros dado o alto nivel de nutrientes que teñen os diferentes produtos pesqueiros e potenciar no ámbito da restauración e dos mercados o consumo de peixe de tempada e de proximidade procedente das lonxas locais.
O proxecto levarase a cabo nas anualidades 2025 e 2026. O orzamento totla finaciado é de 199.976,68€ do que 28.568,08€ correspondelle ao GALP Ría de Vigo - A Guarda. Esta actuación está cofinanciadapolo FEMPA nun 70% e un 30% pola Comunidade autónoma.
Pesca saúde: Consumo de produto pesqueiro alimentación saudable, encadrase dentro da prioridade 3 do FEMPA e do obxetivo estratéxico 3.1: Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores asi como fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas.

