Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

San Xerome con todo o mar: Accesibilidade á competitividade

Co proxecto preténdese conseguir a empregabilidade e a inclusión sociolaboral de mozos e mozas con discapacidade intelectual do Baixo Miño, mediante a reparación de material de plástico

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación San Xerome Emiliani
Datos de interese: 
https://www.sanxerome.com/
Perfil empresarial: 
Asociación declarada de utilidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro par
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
01/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
30/09/2021
Ámbito de aplicación: 

O proxecto localízase no Concello de A Guarda, onde San Xerome ten ubicada a súa sede e o centros que prestan servizos ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias na comarca.

A Guarda destaca por concentrar un gran número de empresas de comercio de produtos do mar, e destaca o seu índice de emprego laboral na pesca mariña. Un dos valores deste proxecto é o seu carácter local, que axuda a reducir a pegada de carbono e manter a riqueza na comarca.

A elección das zonas litorais ás que se extenderá a actividade do proxecto baséase en datos estatísticos que indican que nos Concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Moaña, Cangas e Vilaboa teñen un maior peso na súa economía o agro e a pesca, comparativamente con Galicia.

Posto que o proxecto céntrase no sector da pesca e na valorización de residuos orgánicos como algas e restos de peixe idóneos para elaborar fertilizante para o agro, estes concellos serían os primeiros aos que se dirixirá.

Neste momento a entidade conta cunha relación afianzada cos concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Baiona e Redondela, pola súa colaboración na reparación dos contedores de residuos sólidos urbanos. Preténdese extender esta colaboración ao pequeno tecido empresarial pesqueiro deses concellos e a o resto dos concellos das comarcas de Vigo, Pontevedra e O Morrazo.

Priorizaranse os portos pesqueiros, e as lonxas de A Guarda, Aldán -Hío, Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Vigo e Vilaboa.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
34.045,48€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
34.045,48 €
Total axuda pública aprobada (€): 
34.045,48 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
28.938,66 €
FEMP (%): 
85 %
CA (€): 
5.106,82 €
CA (%): 
15 %
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
2
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Fomentar a economía circular no sector pesqueiro, mediante unha innovación de proceso no seu sistema loxístico (reparación)

- Crear unha nova oferta formativa especializada en actividades complementarias do sector pesqueiro, que fomenten a eficiencia enerxética e a racionalización dos recursos

- Proporcionar ás persoas mozas con discapacidade novas oportunidades de emprego en actividades circulares, como é a reparación de plásticos in situ do sector marítimo - pesqueiro

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Unha nova liña formativa especializada na reparación de plásticos "in situ", na sede das pequenas empresas do sector pesqueiro

- Creación de seis novos postos formativos para persoas con discapacidade intelectual no taller de mantemento e reparación de plásticos para o sector pesqueiro creados

- Dos seis postos formativos, polo menos dous serán destinados a mulleres con discapacidade

Principais actividades do proxecto: 

- Formación ocupacional en reparación "in situ", na sede das pequenas empresas, de pezas plásticas, dandadas mediante termosoldadura plástica dirixida a persoas con discapacidade intelectual

- Sensibilización e concienciación nas pequenas empresas vinculadas ao sector pesqueiro na economía circular

- Valorización dos residuos das entidades colaboradoras que sexan retirados do mar

- Asesoramento de emprego dendo o servizo de inserción laboral

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento de valor engadido, dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros, e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños

Obxectivo específico da EDLP: 

Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)