Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Taller participativo para análise do impacto do cambio climático

O 18 de xaneiro de 2024 a xerencia do GALP Ría de Vigo - A Guarda participou no taller para análise do impacto do cambio climático no Parque Nacional Marítimo - Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, celebrado na sede do citado parque.

Despois da benvida presentáronse os obxectivos do taller e a axenda. Para facilitar a participación aplicouse a metodoloxía de análise de riscos fronte ao cambio climático, revisáronse as principais unidades ambientais e ameazas e reflexionaouse sobre a vulnerabilidade do espazo fao cambio climatico. RRealizouse un traballo en grupo consistente nun mapeo participativo para identificar as consecuencias do cambio climático. A xornada finalizou cunha posta en común das conclusións de cada grupo.

Esta actividade realízase dentro do proxecto Intemares aprobado pola  Fundación Biodiversidad.