
O proxecto Salinas do Ulló aséntase na necesidade da transferencia de coñecementos para desenvolvemento de estratexias innovadoras de promoción e posta en valor da Paisaxe do Sal de Vilaboa co fin de crear un recurso patrimonial, cultural e social sustentable que promove un turismo de calidade ao tempo que respecta e potencia os valores identitarios dunha comunidade local vencellada ao mar. O proxecto para a transmisión da Paisaxe do Sal de Vilaboa, entendida como unha Paisaxe Cultural resultado da interacción humana e o medio, require da colaboración de institucións científicas con experiencia acreditada para a transferencia de coñecementos e estratexias que permitan a potenciación das salinas como recurso eficiente e con valor engadido. Neste senso, a base temática do proxecto Salinas do Ulló radica na imbricación directa da dimensión histórica e cultural da explotación e uso do das salinas durante a Época Moderna co seu entorno ambiental e a correcta divulgación do recurso creado a través dun método divulgativo eficaz. No contexto de crise global causada pola COVID-19, o proxecto Salinas do Ulló busca crear un recurso turístico adaptado á situación derivada da pandemia, facendo proveito dun turismo de aire libre capaz de impulsar o desenvolvemento económico e diversificación sectorial. A promoción dos espazos patrimoniais abertos será clave nas novas propostas de potenciación turística no contexto postpandémico de reconstrución económica.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo básico do proxecto Salinas do Ulló é o fomento da cooperación para transferencia do coñecemento científico sobre as Paisaxes Culturais co fin de pór en valor as paisaxes do Sal de Vilaboa (salinas antigas de Larache, Ulló e o seu entorno) como ben patrimonial concibido como recurso esencial para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, e medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades do mar.
-Desenvolvemento do sector turístico e potenciación da súa competitividade a través dunha estratexia de especialización intelixente fundamentada na promoción da vantaxe comparativa das salinas de Época Moderna de Ulló e Larache como elemento singular e exclusivo.
-Creación de novas oportunidades de negocio vinculadas co patrimonio salineiro e a súa promoción, divulgación e transferencia cara o ámbito produtivo.
-Reforzo da cultura do mar e da identidade mariñeiro, fomentando o desenvolvemento de dinámicas participativas na apropiación simbólica e identitaria do patrimonio.OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
EIXO A: Estudo histórico-arqueolóxico e medioambiental da Paisaxe do Sal -Actividade 1. Dirección e coordinación técnica do -Actividade 2. Coordinación científica Actividade 3. Estudo medioambiental da Paisaxe do sal -Actividade 4. Levantamento fotogramétrico e topográfico das salinas e da Granxa de Ulló EIXO B: Estratexias para a comunicación e divulgación dos resultados -Actividade 5. Virtualización e aplicación de realidade aumentada -Actividade 6. Instalación de paneis Interpretativos -Actividade 7. Implementación dunha páxina web que faga accesibles os resultados do proxecto .-Actividade 8. Deseño de imaxe de marca -Actividade 9. Actividades de educación medioambiental con voluntariado - Actividade 10. Edición dunha guía sobre as salinas e a paisaxe do Ulló -Actividade 11. Xornadas divulgativas .
Obxectivo estratéxico 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego. Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono. Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras
Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
O desenvolvemento do proxecto implica o desenvolvemento transversal de outros obxectivos específicos:
Obxectivo específico 2.2: Conseguir a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectoriais.
Obxectivo específico 3.1: acadar a conservación do medio natural na zona costeira.
Obxectivo específico 4.1: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.
Obxectivo específico 4.2: Acadar maiores cotas de igualdade de oportunidades desde a perspectiva de xénero, a inclusión social de colectivos desfavorecidos ou mocidade.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)