xoves, 7 de Agosto de 2025 - 01:08

O día 20 de maio, escolares do Centro Educativo Terra de Turonio de Gondomar puideron disfrutar da xornada de promoción de produtos da pesca que tivo lugar en Baiona.
Esta actividade foi levada a cabo por Vegalsa-Eroski en colaboración co Concello de Baiona e coa Confraría de pescadores "La Anunciada" de Baiona.
Esta xornada está dentro do programa educativo Capitán mareas, proxecto que busca promover o consumo de produtos do mar entre o público infantíl. O alumnado aprendeu sobre hábiitos de alimentación saudables e sobre o traballo diario dos pescadores e mariscadoras da zona e das artes de pesca.

