
O día 24 de outubro tivo lugar no Edificio Virxe do Carme do Porto de Vigo, a xornada de presentación de proxectos solicitados ao GALP7, entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do FEMP.
Os promotores presentaron os seguintes proxectos:
- "Os mares de baixura: unha web para formar e informar" solicitado pola Asociación Mar seguro de Galicia, presentado por Paula Pardo Fernández
- "Blue Atlantic Foro", solicitado polo Concello de Baiona, presentado por Pablo Mariño Lustres
- "Rías Baixas Pescaturismo", solciitado por Severino Casal Diz, presentado por el mesmo
- "Aproveitamento dunha casa mariñeira para pensión dunha estrela", solicitado por Estancias Pintáns, S.L.U., presentado por Tito Iglesias Pastoriza
- "San Xerome con todo o mar: accesibilidade e competitividade", solicitado pola Asociación San Xerome Emiliani, presentado por María Eva Bouzas Facal
- "Somos Confraría", solicitado pola Confraría de pescadores "San Francisco" de Vigo, presentado por Iago Soto García e María Muiños Pardavila
- "Canido, lonxa viva", solicitado pola Confraría de pescadores "San Francisco" de Vigo, presentado por Iago Soto García e María Muiños Pardavila
- "Transferencia do coñecemento das paisaxes do sal como recurso patrimonial e turístico" solicitado polo Concello de Vilaboa, presentado por Carmen Gallego Calvar
- "Rehabilitación, posta en valor e acondicionamento do forno do cal" solicitado polo Concello de Vilaboa, presentado por Carmen Gallego Calvar
- "Moaña, un mar de mulleres" solicitado polo Concello de Moaña, presentado por Jorge de los Bueyes Mallado
- "Nigrán activa: natureza, patrimonio e mar" solicitado por Nigrán Skate e presentado pola secretaria do GALP7