mércores, 10 de Decembro de 2025 - 12:12

O día 1 de setembro tivo lugar na Federación de Confrarías de pescadores de Pontevedra a xornada final do proxecto “Os mares da baixura II: Ampliando horizontes”, levado a cabo pola Asociación Mar Seguro de Galicia. A presentación da xornada estivo a cargo de José Manuel Rosas, presidente da Asociación Mar Seguro de Galicia; Elena Herbello, xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda e Paula Prieto, responsable do proxecto.

