
O pasado 7 de maio celebrouse na Escola Oficial Naútico Pesqueira de Ribeira, unha xornada para a dar a coñecer as diferentes iniciativas formativas relacionadas co sector marítimo pesqueiro. No acto, estiveron presentes máis de 85 profesionais do sector e representantes de entidades e centros educativos que poñen en valor as necesidade de contar con un relevo xeracional e garantir o futuro das profesións vinculadas ao mar.
No acto expuxeronse as ofertas e axudas para a FP dual no sector pesqueiro, experiencias de relevo xeracional a nivel nacional e internacional e exemplos de boas prácticas.
A este acto acudiron a Conselleira do Mar, Marta Villaverde; a alcaldesa do Concello de Ribeira, Maria José Sampedro; representantes da Conselleria do Mar e da Consellería de Educación, da Federación Galega e Nacional de Confrarías de Pescadores e representantes dos GALP de Galicia e País Vasco.
A actividade forma parte do proxecto "Relevo Xeracional" realizado en conxunto polos GALPs galegos.

